Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que o día teña máis horas

viernes, 08 de abril de 2016
Que o día teña máis horasImos alá. A escribir. Sobre o que sexa. Porque levo tempo sen facelo. Á veces non hai tempo. E por moito que digan que os funcionarios temos todo o tempo do mundo… para tomar café, para ler os xornais. Hai algúns que é verdade, que o teñen. Adoito escribir polas tardes. Adoito facelo mentres os rapaces adestran ó baloncesto. Pero levo tardes que, por circunstancias, non os acompaño e non podo escribir. Nin tan sequera ler. Aínda será peor cando empece a viña a volverme viticultor. Necesito polo menos que o día teña unhas 30 horas. Ó mellor é porque tamén quero abarcar demasiado (quen moito abarca, pouco aperta). Eu que sei! Con actividades que non é que me leven moito de comer á boca, pero é que son tan bonitas, pásoo tan ben. Ler, escribir, ver películas. Cambiaba o traballo da viña por calquera desas tres. Vaiche boa! Por exemplo, agora mesmo estou a pasalo ben. E cando remate seguirei a pasalo ben, porque lerei un pouco antes de levar a Alán a xogar un partido de baloncesto. É domingo. Pola mañá xogou Xoel. Agora tócalle ó outro. Medio día case metido no mesmo pavillón. Que o día teña máis horas, por favor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES