Privatizacións
Editorial - miércoles, 08 de noviembre de 2006
Independientemente da cor, que cada vez pinta menos nesto da política e das administracións, o de privatizar priva cada vez máis.
As Administracións públicas teñen por principio unhas determinadas características e unhas determinadas funcións. Os seus fins non son de lucro senón de procurar a prestación de servicios na área que lles corresponda, e de procurar a satisfacción de necesidades.
E sen embargo as Administracións, por comodidade, suponse que tamén por operatividade, tenden cada vez máis a descentralizar, a privatizar, a traspasar a empresas privadas cometidos que deberan serlles propios.
A última noticia en canto a privatización ven da Escola Galega de Administración Pública, e ten relación cos exames perdidos dunha recente oposición. Antes, os exames custodiábanse nas instalacións da Escola, de onde desapareceron os correspondentes ás probas de Arquitectos técnicos. Agora, parece ser que é unha empresa privada a que se encarga de gardalos.
Se este principio se xeneraliza, a Administración fai permanente confesión de ineficacia. Porque se para que un tema se desenvolva, unha actividade se organice ou uns papeis non se perdan hai que recurrir a unha empresa privada, en algún momento teremos que preguntarnos onde están os límites, e ata que punto o sistema actual é válido e non debemos pensar nun sistema xerencial, e en lugar de eleccións para renovar os políticos que nos van gobernar non deberemos convocar probas de selección de persoal directivo ou concurso entre empresas para adxudicar por catro anos a elaboración e execución do presuposto.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora