Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os bispos españois e a Lou

viernes, 05 de abril de 2002
(¿¡Incautos-despistados ou interesados?!)

-O día 19, comezou en Madrid, a Plenaria da Conferencia Episcopal
(CEE), coa asistencia dos bispos-arcebispos-cardenais de España.
O cardeal Monseñor Antonio Mª. Rouco Varela, como presidente, no seu
discurso, prometeu “mellora-los instrumentos de asesoramento” financieiro, ante
“os coñecidos acontecementos e o xeito de seren transmitidos e comentados nos
medios de comunicación social” (Léase Gescartera e profesores de relixión).
Non brilou pola súa transparencia-craridade, senón por todo o contrario,
sobre todo no tocante ás porcentaxes das fontes de ingreso da Igrexa.

Iste non é o tema. Só serve para suliña-lo marco de referencia. Para hoxe
parécenos máis urxente (de máis actualidade) comenta-la “bochornosa
intervención” do portavoz da Conferencia, Juan José Asenjo, respecto á
confusión que se está a dar coa Lei Orgánica das Universidades. As palabras
textuais foron:” Teño a impresión de que esta lei é necesaria e a convicción
de que a maior parte dos estudantes non están informados sobre ela. Diarios,
a escala Estado, Rexionais e Locais, gardaron un significativo silencio.

¡Velaí o miolo da noticia!. As reaccións apareceron aquela noite. Aínda seguen. E seguirán. Hoxe mesmo, a través dunha cadea de emisoras de radio, retaron ó portavoz a medi-las súas forzas (chámeselle coñecementos sobre a LOU) contra calquer universitario/a elexido/a ó azar. Non aceptou.

Pola miña parte, despois de reafirma-la inoportuna declaración e do seu ridículo, abro tema-foro de debate, formulando algunhas preguntas: ¿Sóalle a música?. ¿Está feita por encargo?. ¿Quere revisa-lo xeito da linguaxe (“impresión de lei necesaria e a convicción de que...non están informados”) polo portavoz?. ¿Foi un balón de osíxeno para o Governo?.¿Por qué e para qué?. ¿De onde-de quén-partíu a idea?. ¿Quen lles pedíu a súa definición?. ¿Por que non lle urxiron antes ó Governo que explicase a lei?.¿Deben os bispos tomar partido?.¿Arrimarse cara un lado?. De decir algo (eu non o teño craro), ¿non sería lóxico-humano e sobre todo evanxélico, invitar ós estamentos implicados a un diálogo-constructivo-repousado na procura da concordia e mesmo loitar polo consenso democrático?.

Só queda a alternativa “interesada”. Algo perigoso. Cheira mal. ¿Cales son os seus intereses?. Podemos continua-lo diálogo-debate.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES