Noriega en Foz
Fernández, Suso - jueves, 07 de abril de 2016
Fai 115 anos (1901) chegaba a Foz o poeta A. Noriega Varela, mestre destinado á escola de Fondós, que en 1749 fundara desde Perú o emigrante focego Pascual Villaamil.
A escola, coa casa e o horto, facían un bó partido para as mozas casadeiras. O párroco, D. Antonio L. Grueiro, amigo do poeta, quería casalo con certa feligresa: é a que che convén, Antón; lle decía. Pro non me ven ó corpo, señor cura. O tempo abrirache os ollos: por de pronto ten moitos leiros.Sí, pero eu son mal obreiro. Se os ten, que os sache; que os sache ela, señor cura.
Máis tarde Noriega casaba en Foz con Ramona Bello Martínez, do barrio de Queinzal, na Corredoira: muller boa, inxenua e sen malicia; unha infelizota, según a describe Trapero Pardo. Non ía co carácter do poeta, irónico, ceremonioso e moi retranqueiro, que mesmo non se gardaba de amosar en público a inxenuidade da dona. Ela cantaba moi mal e nuns versos dille Noriega: Ramona, ¡fas ben cantar!; / eu tamén che vou beber,/ que non nos ha de faltar/un día para morrer/ e outro para nos enterrar.
Dos tres fillos nados en Foz, dous finaron cedo. Ó primeiro dedicou o soneto: Fillo do corazón, que nas meniñas / dos teus ollos levache os meus amores,/ descansa eternamente sobre flores,/ que non tei olvidar entre as espiñas
/Pido que a triste vida se me acorte: millor quero ir para o camposanto /que vivir recordando a túa morte!.
Unha tarde que dormía a sesta, en coarto mesmo enriba da cociña, de súpeto o espertou o ruído duns cacharros de barro que Ramona fregaba no aguadeiro da cociña. O estourido fixo que o poeta berrase: ¿Qué foi eso,Ramona?--- O demo, Noriega, o demo. Así naceo o poema: Das millentas falcatrúas/ que nos fan e que facemos/ ¿a quén se bota a culpa/na miña parroquia?: ó demo./O demo apaga os candiles,/ o demo queima os palleiros./ Entra o demo nunha casa / e anda todo ós catro ventos/.
él é quen me tenta a mín sempre que publico versos;/ i-ás mozas que están pra diante/ tamén as tentou o demo.
Xa ausente de Foz (1911), cada ano volvía ó San Lourenzo. En ocasión que paseaba polo peirao víu como seu vello amigo Pedro, fotógrafo do minuto, instalaba os bártulos de traballo diante dunha chavola que facía de matadoiro e carnicería. Tra-lo saúdo de rigor, o poeta dixo ó amigo: El premio Nobel mereces/Pedro, por tus fechorías, /pues donde degüellan reses / haces las fotografías.
(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz).

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora