Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cogumelos perigosos

martes, 07 de noviembre de 2006
Quen coñeza en profundidade os cogumelos dos nosos montes, ten ó seu dispor unha regalía gastronómica e económica de difícil avaliación pero do maior interese.

Intentos houbo de explotación económica, e aínda que hai iniciativas que persisten no seu empeño falta aínda a súa consolidación, sen dúbida condicionada pola estacionalidade.

E falta, así mesmo, divulgación a toda Galicia das características e das vantaxes destes productos dos nosos montes, non só para a súa valoración senón – e de xeito especial – para o seu coñecemento e utilidade.

Todos debiamos coñecer as especies máis habituais, pola nosa seguridade e polo noso disfrute. Porque pecharnos un mundo tan amplo e variado polo descoñecemento non é normal.

Coñecemento que debe ser profundo, vistos os resultados da actual campaña onde xa se rexistraron accidente graves por parte de persoas coñecedoras dos cogumelos máis habituais.

Visto está que estamos nun pequeno mundo por descubrir onde todos, campesiños e urbanitas, temos un lugar. E o departamento correspondente do Goberno autonómico, Medio Ambiente ou Agricultura, debería emprender unha gran campaña de información e concienciación sobre esa riqueza que estamos deixando perder, pero que para aproveitar precisamos coñecer en profundidade.

Os cogumelos non son perigosos. O perigoso é descoñecelos e pretender aproveitarnos dos seus beneficios. Un cogumelo non vale unha vida, pero a información axeitada pode facernos a vida máis agradable.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania