Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Juegaterapia

miércoles, 06 de abril de 2016
Juegaterapia é un proxecto capitaneado por Mónica Esteban e Pablo Ibáñez ("el hombre de negro") que empezou intentando recoller consolas usadas para entregalas en hospitais con plantas de oncoloxía infantil. A iniciativa parte da idea de que o videoxogo permítelle ás nenas e nenos mudar mentalmente de realidade collendo forzas na pel dun superheroe e construíndo universos paralelos de ledicias e vitorias que lles axuden a loitar.

Baixo o lema de "la quimio jugando se pasa volando" empezou a andar un proxecto que cada vez involucra a máis xente volvéndose, necesaria e felizmente, máis ambicioso. o seguinte que puxeron en marcha foi "el jardín de mi hospi" e propón darlle un uso as azoteas dos hospitais converténdoas en parques ou zonas de xogo onde as nenas e nenos poidan estar ao aire libre. Actualmente hai tres xardíns: 12 de Octubre e La Paz en Madrid e La Fe en Valencia. Esta é unha iniciativa que merece prosperar e estenderse polo país. De momento xa conta con colaboradores como Chicote ou Risto Meijide.

Para que Juegaterapia vaia adiante e se instaure en máis cidades todos podemos colaborar instalando como ton do noso móbil un riso infantil. A fundación gravou os risos dos pequenos que podemos ter como anacos de ledicia enviando "jaja" ao 2277 ou ao 28011 se o queremos descargar.

Unha iniciativa coa que merece a pena colaborar para que se instaure por todo o país e lle devolva a esta infancia anaquiños imprescindibles de risos e ledicias.
https://www.juegaterapia.org/
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES