Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non hai comparación

sábado, 02 de abril de 2016
Home rico, home pobre. Branco, negro. California, corno de África. Anverso, reverso. Ateo, relixioso. Paio, xitano. Bruxelas, Paquistán. Aquí quería eu chegar! Non é o mesmo un atentado en Bruxelas que un atentado en Paquistán. Non é o mesmo uns mortos europeos que uns mortos do Oriente Medio (para que rime). Aínda que as bombas ou as balas fagan o mesmo dano, o tal dano non é igual nun lugar como no outro. Vaiche boa!
Non hai comparación
Días e días os medios de comunicación dálle que dálle con páxinas e máis páxinas sobre o atentado de Bruxelas, mentres o atentado de Paquistán ocupaba un recantiño de nada.

Certo, o primeiro día, ó mellor, ata chegou a encher unha folla, unha páxina enteira… pero por catro ou media ducia do de Bruxelas. Neste ata chegamos a saber das vidas e das obras dalgúns falecidos. Sobre as xentes de Paquistán, pobres infelices!, a quen se lles ocorre pertencer a eses países, se mesmo semellan uns salvaxes, que andan sempre a tiros. E mira como visten. E mira como oran. Como se, por exemplo, as procesións nosas de Semana Santa se destinguiran moito dos fanatismos, que se din, desas xentes.

Bruxelas, Paquistán. Tamén só se me ocorre a min comparalos. Os países. Os atentados. As xentes. As culturas. Chito, por Deus, mira que che gusta buscarlle tres pés ó gato. Que terá que ver a xente de Paquistán coa de Bruxelas. Pero ti non ves que sempre se están pelexando. Europeo, Oriente Medio. Capitalista, miserento. País civilizado, país inculto ou bárbaro ou salvaxe ou ignorante. Cala, oh, mira que es furafollas, cachafello.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES