A insolencia de Muebles Rey
X.X. - lunes, 06 de noviembre de 2006
Unha empresa adicada ó moble Muebles Rey ven de publicar en diversos medios escritos unha campaña de publicidade animando a Aprovecharse del Rey, anunciando 30 días para abusar de Muebles Rey.
Non é só o xogo de palabras entre o titular da monarquía española e o nome da empresa de mobles, senón que utilizan a imaxe dunha rapaza igualiña á princesa Letizia, que leva na man unha coroa nunhas imaxes, e viste de voda noutras.
A publicidade ten moito de ciencia e moito tamén de arte, deixando á imaxinación dos creadores un mundo neste caso de mobles -, para poder ofrecer ós futuros clientes as mellores cualidades e condicións.
Pero pode suceder que os creadores caian na chabacanería e na ordinariez, e que a empresa anunciante non saiba ver máis aló das súas narices enganados pola vulgaridade.
Mal. Moi mal Muebles Rey con esta campaña. Querendo ser orixinais son impresentables. Que non é o mesmo.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora