Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Beiras do Gaio

sábado, 02 de abril de 2016
Es o soño deitado nun recanto da miña memoria. Es a realidade sentada no meu corazón. A rula quedou pampa ante a lectura dos ollos do gaio apousentado na póla dun castiñeiro. Ó momento pensou que, o maldito, quería facerlle as beiras. A ela! A rula do conto por escribir. Un gaio! Un maldito gaio! Se aínda fora un pombo. Pero non, un gaio que, para máis aquel, estaba medio desplumado e coxeaba un chisco da pata dereita. Hai que ter ousadía e atrevemento! E, mira, non se lle caen as plumas! Manda truco! Eu non sei se largue ou lle pegue unhas picadas.

Es o vento ferido que acariña a miña pata coxa. Es o raio de sol que brilla sobre o meu pico. Pero, e isto! O maldito segue abordándome! Quere que lle acariñe a pata coxa! A pata coxa! Se aínda fora a punta da cola... O gaio non se corta. Mira, mira como chouta de póla en póla. Quererá que me fixe no seu bater de ás. A rula empeza a acochar por entre a silveira. Non quere que o gaio, o maldito gaio, se creza. É capaz de escribirme un poema!

Es o latexo que cae sobre o niño dos meus recordos. Es o suspiro que vai e vén por entre as entrañas da miña soidade. A rula nota un salouco no seu peito e deixa que unha bágoa de emoción asome polo seu ollo dereito. Encolle, acocha e non di nada. Queda en silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania