Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alugueres comerciais

lunes, 06 de noviembre de 2006
Os galegos preferimos mercar que alugar. Especialmente cando se trata de vivendas.

Nos locais comerciais, tamén a compra é a opción máis elixida, porque sempre existe a posibilidade dun traspaso sen perder a propiedade. Pero a compra é cada vez máis difícil.

Según un estudio dunha consultora inmobiliaria, a do Príncipe en Vigo é a rúa de Galicia máis cara a efectos comerciais con 1.500€ por metro cadrado e ano, seguíndolle a Real da Coruña con 840.
Eso, moi por debaixo Preciados e Serrano en Madrid, Porta del Angel ou Paseo de Gracia en Barcelona e outras exclusivas avenidas con precios extraterrestres.

Pero a consultora non incluíu no seu estudio máis que 19 rúas de 13 cidades, polo que o resultado pode ser representativo pero non completo. Porque se investigase o resto das cidades galegas – Santiago, Ourense, Lugo, Ferrol- vería que con pequenas diferencias estamos a unha altura de vértigo e parece imposible que calquera negocio emprendido poida respostar a un investimento tan descomunal.

Como queira que a determinados efectos seguimos manexándonos con pesetas, a cotío nos enteramos de que tal ou cal local comercial no centro de determinada cidade foi alugado en millón e medio de pesetas ó mes. Resultan 9.000 € mensuais, ou 108.000 ó ano, que divididos polos aproximadamente cento cincuenta metros cadrados que veñen ter de promedio estes locais son 720 € por metro cadrado e ano, que xa é resultar.

Vai ser acertado o interese galego pola compra de vivendas ou locais se os resultados previsibles son estes, xa que un local medianamente céntrico arréglalle a vida a calquera familia media.
O problema da subsistencia dos negocios é outro. Pero no paroxismo comercial-industrial-constructor que nos invade, o diñeiro xa non sirve de punto de referencia.

Porque ou non hai puntos de referencia ou están tan altos que nos valen para nada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania