Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deriva lingüística

viernes, 03 de noviembre de 2006
A actividade a prol da lingua galega dá neste momento signos de “movemento” en:
- Campañas concretas (seminarios de sensibilización nos centros educativos)
- Intentos retomados de promoción (nos oficios funerarios e... circundantes)
- Debates (pronunciamento dos Decanos dos Colexios de Avogados).

Polo tanto, a deriva de normalización está activa, pero existe un vello problema sen resolver, o asunto da normativa:

Recordamos que nos anos oitenta do pasado século, tempos de autonomismo inicial, recoñecidos lingüistas da entón única Universidade de Galicia -a de Santiago de Compostela-, así como entusiastas galeguistas traballaron e conseguiron formular a primeira normativa da lingua galega. Foi un fito histórico que permitiu establecer plans de ensino e promoción/normalización da nosa lingua.

O acordo citado veu precedido dunha discusión profunda e argumentada para buscar unha saída a un dilema importante: optábase por unha lingua autónoma e diferenciada do castelá e do portugués -chamóuselle isolacionismo-, ou facíase unha escolla que, ao final dun proceso máis ou menos longo, faría confluír a nosa lingua no portugués -denominouse esta postura lusismo. Como é coñecido a opción das primeiras normas foi por un galego autónomo como lingua histórica que, se dicía, era nai do portugués e irmá do castelán.

Mantivéronse oficial e popularmente esas primeiras normas con algúns movementos diverxentes (opción de mínimos), ou enfrontados directamente (lusismos). Parecía que esta oposición non era moi significativa cuantitativamente; pero -polo que se veu despois- resultou cualitativamente significativa ao admitir a Real Academia Galega a maior parte das súas propostas, polo menos as dos defensores dos mínimos. Esta actitude e praxe de concordia -así se denominaron ás normas actuais- é unha conducta loable; pero (sempre hai un pero) sementouse sistematicamente a impresión de que estamos no camiño (primixenio obxectivo lusista) cara a integración da lingua galega na portuguesa.

As confirmacións desta impresión xeral son:
- A presentación publica dos gobernantes do BNG coa escolla lingüística sempre tendente á lusofonía. A outra parte maioritaria do goberno galego non se interesa.
- A proposta de creación da: Academia Galega da lingua portuguesa.

Parece, insisto: paréceme, que, na era da globalización e do mercado, este é o final que se está a deseñar para a nosa lingua. Tódalas demais razóns parecen enganos e engados para convencer a moita, moita xente galega e galegofalante, que unha rendición e igual á concordia. Se non fose así, estariamos a falar dun fatal destino do galego: construímos en vinte anos unha lingua propia e recoñecible, para volver/ empezar a destruíla de novo. Esta parece a deriva lingüística en Galicia ¿ou Galiza? ¡Gracias, graciñas ou grazas, ou obrigado? O corrector ortográfico dime: gracias ou graciñas... ¿terei que cambiar o corrector?
Regueiro Tenreiro, Manuel
Regueiro Tenreiro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES