Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aforrar en tempo de investir

viernes, 03 de noviembre de 2006
Estes son tempos dinámicos, chamados a investir. E á vez tempos difíciles para o aforro, que parece necesitar máis tranquilidade e estabilidade para poder producirse.

O aforro é producto da vontade, mentras que o investimento resulta producto da necesidade.

Por eso o maior investimento, con maioría absoluta, é o que as familias efectúan no propio domicilio, amortizando hipotecas multimillonarias en períodos cada vez máis longos que superan a media vida normal dunha persoa, nun tempo de investir creado de xeito artificial, que nos fai mercar a pequena propiedade a costa de quen sabe que sufrimentos.

E en tanto, o aforro ten dificultades.

Ven de facerse un estudio por parte da Fundación das Caixas de Aforros, no que se comproba que o aforro en Galicia é máis ben escaso, quedando a comunidade en sexto lugar pola cola en canto ás comunidades españolas.

Dentro de Galicia, a menos aforradora é Pontevedra cun 10,87%, seguida de Ourense co 12,19%, Lugo con 12,30% e A Coruña en cabeza co 15,26%.

O aforro non parece ter que ver moito co nivel de ingresos, se se ten en conta que os máis aforradores de entre os nacionais son os rioxanos co 19,14%, seguido dos canarios co 17,22%. Logo, sí que aparecen Navarra, Pais Vasco, Castela-León…pero todos con cifras modestas que evidencian que vivimos ó día, e que hai prioridades que non permiten destinar importante parte dos nosos ingresos a aforrar para o futuro.

Ben se pode estimar que o investimento aforro é, e que se non se aforra en termos monetarios liberar hipotecas significa tamén aforrar, á vez que se garante o investimento.

Os tempos cambian. O aforro como primeira tendencia de antano, queda relegado. Quizais tamén porque hogano a vida esixe máis dedicación, e gástase máis no disfrute cotián.

Resulta difícil aforrar e investir, aforrar en tempo no que o investimento prima. E Lugo e Ourense, tradicionalmente aforradoras, rachan esquemas. Primun vívere.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania