Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando haxa que racionar a auga

jueves, 02 de noviembre de 2006
Se fosemos independentistas a ultranza, estimariamos que Galicia ten garantido o seu futuro con esto da auga, porque unha Galicia independiente equivalería como mínimo a calquera país árabe productor de petróleo.

Estando nunha Galicia coma a nosa, formando parte dun estado de autonomías, no que ten que reinar un equilibrio interterritorial no social e no económico, tampouco ten porque ter Galicia un mal futuro se temos en conta que somos o país da auga.

Por eso, non debe preocuparnos senón todo o contrario esa pretensión da Ministra Narbona de impoñer un máximo de sesenta litros de auga ó día por persoa, a partir do que vai haber que pagar caro o consumo do elemento líquido primordial.

Que hai que racionalizar o consumo da auga, estamos todos de acordo. Que se malgasta auga podendo aforrar, tamén. Pero hai que ter en conta as diferencias, as peculiaridades, as posibilidades de cada poboación ou, neste caso, autonomía.

Non é que aboguemos porque se consuma auga á tola.
Abogamos porque nun futuro no que a auga se valore como corresponda, se teña en conta o noso papel de país productor de auga, un país “acuático” que pode exportar auga para lugares necesitados, ó que hai que compensar do xeito que corresponda pola mesma razón que outras nacionalidades ou rexións se benefician do seu carácter industrial, agrícola ou insular.

Polo tanto, ahí teñen un bo punto de estudio os que estean a traballar na redacción do noso próximo Estatuto. Pensen na auga, valoren a auga, valoren o noso papel de país con auga, disposto a compartila pero tamén a que pola súa cesión sexamos colectiva e debidamente compensados.

Cando haxa que racionar a auga na España seca, aquí deberemos tela racionalizada e posiblemente sexa o momento de conseguir que este anaco da España húmeda forme parte da España desenvolvida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES