Persoas así
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 31 de marzo de 2016
Andando pola vida atópanse persoas que impactan pola súa valía á hora de abrirse camiño na vida.
Ó meu parecer, estas persoas teñen moito mérito.
Encóntranse onde menos se espera, por exemplo: nunha viaxe.
Cando se programa unha viaxe, xeralmente vaise por coñecer unha zona, un país, unha cultura, un xeito de vida, etc, etc.
Ese é o obxectivo principal cando se sae da casa, pero hai moito máis.
Para min o feito de viaxar é moi enriquecedor:
-Gústamne os monumentos. Gústame a historia. Gústame a xeografía. Gústame a gastronomía
Gústame todo.
Pero o que máis valoro son as persoas.
Sempre aparecen persoas maravillosas que non deixan indiferente a ninguén.
Poden ser persoas con moito valor histórico, literario, artístico, etc.
Eses son personaxes célebres. Ninguén discute a súa valía.
Pero neste caso o que máis me impresionou foi a traxectoria vital dunha guía acompañante: unha rapaza de 38 anos.
Unha destas persoas que acompañan en certo tipo de viaxes.
Persoas que desempeñan a misión de acompañar e custodiar dalgunha maneira ós viaxeiros a elas encomendados.
No caso que me ocupa, trátase dunha persoa con moitísima valía profesional, cultural e persoal.
A xulgar polo que puiden observar, esta persoa non deixou indiferente a ningún dos pasaxeiros.
Eu tiven ocasión de intercambiar unha breve pero sincera conversación con ela na que me resumíu a súa traxectoria vital.
É unha de tantas persoas que tivo que emigrar dun país do Este, buscando unha vida mellor.
Chegou a España embarazada, acompañada da súa parella á que tivo que despedir porque non era persoa seria para formar unha familia.
¿Por qué elixiu España?
Porque anteriormente xa viñera a súa única irmá que casara cun español.
Loxicamente, a irmá, puido ofrecerlle unha pequena axuda nun primeiro momento, pero moita menos da que ela precisaba.
Traía consigo unha carreira que non estaba homologada e unha criatura nas súas entrañas.
O primeiro paso aprende-lo idioma, homologar estudios facendo dous cursos máis, traballar no que puido para sobrevivir mentres non conseguí o traballo actual e sobre todo- criar a súa nena coa única axuda da gardeiría.
Leva doce anos en España, tantos como ten a súa nena que actualmente está cursando o primeiro de Secundaria.
O traballo da nai é totalmente ambulante; percorre toda España acompañando viaxeiros de Mundo Sénior.
Preguntarase vostede:
¿Cómo pode facer para criar a súa nena tendo unha vida en constante itinerancia?
¿Meténdoa nun colexio interna?
Non, seguramente non lle dará o presuposto para tanto.
Pois mire vostede como a necesidade agudiza o inxenio.
¿Sabe que fixo?
Alugou unha habitación da súa casa con dereito a cociña e un cuarto de baño a unha señora arxentina que non ten familia.
Quedan na casa a señora e nena de tal xeito que fanse compañía mutua.
A nena está totalmente integrada en España, responsabilízase dos seus estudios e incluso apoia a unha amiga que está deprimida e coida á señora arxentina.
Todo eso con doce aniños e moita historia detrás.
Visita á súa familia biolóxica nas vacacións de verán pero realmente con quen convive o resto do ano, é coa anciá arxentina.
¿Non parece de película?
Ben, pero o que me impactou a min non só foi a traxectoria persoal desta rapaza de 38 anos, senón a súa gran profesionalidade e a súa enorme cultura española.
Fala perfectamente castelán, exprésase con coñecemento de causa e con moita propiedade sobre calquera recuncho de España así como da súa cultura.
Educada e responsable a máis non poder.
Preocupada do benestar de tódolos viaxeiros ata o límite.
Correctísima e servicial en todo momento.
Un carácter extaraordinariamente, afable e cariñosa.
E por se esto fora pouco, ata o físico lle axuda: a mirada pura e tenra, o sorriso sempre a flor de pel
O que se di unha persoa completa.
¿É fácil a súa vida?
Non. Certamente que non.
Ninguén desexaría verse nun país extraño sen ninguén coñecido que lle puidera botar unha man, salvo súa irmá con varios fillos e fillastros ó seu cargo, que xa ten abondo para ela.
E aí está: sacando adiante a súa vida e a da súa nena.
Pregunteille que diferencias vía entre o seu país de nacemento e o noso.
Contestoume:
-No seu país cobraría o equivalente a dous centos cincuenta euros, que é o que cobra súa nai por un traballo semellante.
-No seu país a xente anda axitada, aquí según ela- respirase paz.
-No seu país hai moita menos seguridade que no noso.
(A todo hai quen gañe)
-Vívese mellor aquí.
Aínda que a súa familia (pais e avoa, que o avó faleceu estando ela aquí) están desexando que volva, pero ela non ten intención de volver.
¡Canta dor nesa familia..!
A vida é así de dura para moitas persoas.
E coste que me deu a impresión de que se trata dunha familia de clase media.
¿Cómo será a vida da clase baixa?
Para os españois, España non está ben; temos moito que mellrar, eso sabémolo todos.
Pero
.se botamos unha ollada ó que hai polo mundo
poderíamos concluír como a fábula de Samaniego.
¿Qué me di a min todo esto?
-Que cando a necesidade apreta, as persoas saben saca-lo pan de debaixo das pedras con humildade e xenerosidade.
-Que debemos aprender a valorar o que temos.
-Que debemos coida-lo noso para que non pase a mans alleas.
-Que somos bos pero temos que aprender a ser mellores.
-Que se nos durmimos, veñen outros e pode pasar calquera cousa.
Xa sei que o mundo e a casa de todos, pero hai un refrán que di:
Xuntos pero non revoltos.
E outro, reza así:
Cada un na súa casa e Deus na de todos.
Certamente, cada un na súa casa é un rei.
¿Non sería posible que cadaquén puidera vivir dignamente onde lle tocou nacer?
¿Non sabemos moito os galegos da vida de emigrante?
A VIDA DE EMIGRANTE
Este será o título do seguinte artigo.
Por hoxe, moitas grazas por terme na súa consideración.

Cachaza Platas, Mercedes