As cousas do Toliño (IX): A terra é o fogar de tódo-los seres humáns
Timiraos, Ricardo - martes, 29 de marzo de 2016
O outro día pasouse -dixenlle ó velo en san Ciprián- ao afirmar que a mellor maneira de castigar ós vándalos eran as multas.
-.Mira, rapaz, o mellor remedio non son as multas, senón a educación, pero ista, por desgracia, tena quen a tén, e o educado non creas que vai ser vándalo. Tampouco creas que é cuestión de só ir á escola para seres educado. A educación dase na casa e tén moito que ver coa actitude dos padres e, sobre todo, có exemplo. Agora ben, se non se usa a educación, que é cuestión de usala, as multas axudan a reflexionar sobre o comportamento de cada un. ¿Hai gasto máis absurdo que as multas de tráfico, por exemplo?.
-Tamén me dixeron que vostede critica moito ós empresarios e armadores
- Non hai pior xordo que o que non quere oir. Dixenche moi crariño que os empresarios son moi necesarios e fundamentais para o desenrolo dun país. E os armadores son tamén empresarios. A cuestión é ter memoria e acordarse un de como lle gostaba ser tratado cando só era mariñeiro. ¿Verdade que molesta moito ver como se fan chalés, se cambea de coche pola mínima e outras cousas parellas e, non embargantes, racanéaselles ós mariñeiros no soldo, na comida ou nas condicións de traballo. Trátase de ter un equilibrio. Craro que o empresario tén que gañar cartos, pero a ver cómo.
- Tampouco se entendeu moi ben o que pensa da Semán Santa.
- Para entender hai que prestar atención ó que se dí: Para mín, a Semán Santa é unha época de refrexión relixiosa que cómpre para individuos coma nós que fumos educados naqueles principios; agora ben, outracousa son as procesións e os luxos que a mín non me encaixan co espíritu evanxélico. Hoxe hai millóns de persoas intentando entrar en Europa e pasando fame, e a nosa obriga é axudarlles. Sempre estamos a critica-los derroches do Vaticano, por exemplo, e non reparamos na obriga de fraternidade que supón formar parte dunha cofradía.
- Vánlle a dar caña
- Mira, neno, alguén tén que dici-las cousas, aínda que doan. Antes de ir ó mar andiven metido nisas andórmenas e coido que, se queremos que as cousas duren como exemplo para os fillos, necesitan seren auténticas, non flores de primavera
que ti ben debes recordar tempos duros da Semán Santa.
-Cando éramos vinte cofrades na Piedade
- Iso xa o viviches, pero eu recórdoche que a Historia repítese con inexorable frecuencia. Roma naceu do traballo das xentes no agro e, a base de moito traballar, chegou o máximo esplendor. Despois có panem e circencis escarallouse todo.
- ¿Qué lle parece, xa que fala delo, do trato que se lles da ós refuxiados en Europa?.
- Mira, en primer lugar, é que todo o que lles fan está amparado por leises inxustas. No mundo no pode haber fronteiras por máis tempo. A Terra, berrábamos na xuventude, ha de ser para quen a traballa, pero hoxe a Terra tén que ser fogar de todo-los seres humáns. Por certo, nos, có noso egoismo, xa perdemos o título de seres humáns. Ista traxedia é tan atroz que a un revéntalle a ialma, se é que a tén, ver tantas xentes desesperadas
¿Qué comprensión podemos esperar o día de mañá de ises nenos famentos e enlamados? ¿De qué Cristo lles ímos a falar?¿ Do ouro da nosa cadea? Mira, hoxe non canto.
E foise á presa afogando as bágoas entre as canas da barba.

Timiraos, Ricardo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora