Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cronista Oficial

martes, 31 de octubre de 2006
En Monforte, van elixir cronista oficial para cubrir a praza que deixou vacante o lembrado Chicho Balado.

Ata agora, había unha candidata postulada polo Psoe: Margarita Rodríguez, destacada profesional, que foi concelleira e deputada, e investigadora da historia local.

Hai agora outra, aínda que non proposta directamente por ela: Manuela Sáez, doutora en Historia, investigadora, e autora de varios libros relacionados con Monforte.

Cabe supor que os que propoñen as candidatas contan coa súa opinión, que elas efectivamente aspiran ó cargo, e que o goberno monfortino terá arrestos para decidir á primeira cal vai ser a Cronista Oficial da cidade.

Porque plantear unha seudo elección democrática para que alguén lle solucione o tema a un concello (poñamos que falo de Lugo), manexar nomes de persoas coa lixeireza propia dunha campaña electoral, e agardar logo a que o tema esmoreza porque ó mellor non lles gosta o resultado, é perfecto síntoma de indecisión e inoperancia.

Mal político é o que non sabe que gobernar consiste, precisamente, en tomar decisións.

En Monforte teñen dúas posibles cronistas. En Lugo, o resultado do penoso proceso proporcionou tamén dous excelentes posibles cronistas (Loxicamente, eu -que nunca ousei aspirar a esa praza- estou fóra). Entre Felipe e Adolfo, decidan dunha vez.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES