Labores sencillos de moito valor
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 24 de marzo de 2016
Ó longo do día facemos multitude de cousas.
Unhas de xeito rutinario, outras según o programa do día e outras, sorpresa.
Entre as de xeito rutinario están:
-O feito de erguerse, hixienizarse, vestirse, calzarse, comer, oberva-la naturaza, saudar ás persoas que encontramos no camiño da vida
Estes e outros moitos son labores sencillos de vida diaria comúns a todos.
Podería decirse que non teñen nada de particular, pero que son de suma importancia.
Vexamos:
-¿Qué pasa cando polo motivo que sexa non podermos erguernos?
Daquela recoñecemos o valor da saúde.
-¿Qué pasa no caso de non poder hixienizármonos pola nosa man?
Que nos sentimos moi incómodos naquela situación.
-¿Qué pasa cando temos inmobilizado un brazo ou unha perna e non podemos vestirnos, nin calzarnos?
Aprendemos a valorar o que vale cada membro corporal en bo estado.
Tamén aprendemos o que vale a axuda das persoas que nos rodean. Hoxe pon min, e mañá por ti. Boa lección.
-¿Que pasa cando nos atopamos postrados nunha cama e non podemos ve-la paisaxe?
¡Que aburrido!
Cando saímos a respira-lo aire fresco e cando a brisa nos aloumiña
¡Qué pracer!
-¿Cómo nos sentiríamos se non tiveramos a quen saudar?
Nese caso volveríamonos persoas amargadas e infelices.
Etc, etc.
Estas cousas que a maioría dos mortais facemos con total naturalidade na vida cotiá, teñen a súa importancia e non llela damos ata que nos faltan.
¿CANDO APRENDEREMOS A VALORAR O QUE TEMOS?
No tocante ós labores do programa diario de cadaquén, podemos atoparnos en variadísimas situacións:
Unhas persoas traballan, outras estudian, outras están xubiladas
Entre as que traballan: unhas van ó mar, outras andan voando e outras realizan o seu labor en terra firme.
En calquera caso estamos en contacto con outras persoas convivindo de xeito máis ou menos consciente.
Cada persoa leva consigo a súa historia persoal e ó mesmo tempo a súa historia social.
Estamos chamados a convivir.
Convivir, significa vivir en relación cos outros, por eso é de suma importancia que nos fagamos a vida o máis agradable posible:
-Se queremos que sexan amables con nós, debemos dá-lo primeiro paso, porque do que se dá, eso mesmo se recibe.
¡Co grato que é tratar con persoas amables!
-¿Hai máis ganacia en ser unha persoa antipática que en ser unha persoa simpática?
Unha persoa simpática, pode gañar amigos, unha antipática ten menos oportunidades.
-¿Costa tanto traballo saudar amablemente cando corresponde?
¡Qué ben cando alguén se dirixe a nós con mirada pura ó mesmo tempo que nos ofrece o seu amable saúdo!
-¿É tan difícil ceder o paso?
Salvo en raras excepcións, todo imos chegar a tempo.
Pode que nós levemos présa, pero non sabemos a que leva a outra persoa.
-¿Costa tanto gardar cola para entrar no autobús, para coller un bellete ou para entrar nun local?
A uns máis e a outros menos, pero a todos os gusta se-los primeiros; pero nalgúns casos os primeiros son os últimos.
Por exemplo, os que entran primeiro no avión salvando as excepcións- son os últimos en saír.
Ten a súa lóxica.
-¿Quedarémonos máis pobres se non prestamos un bolígrafo, un imperdible, unhas tesoiras, una ferramenta ou outra cousa calquera?
¡Qué paz se experiemnta despois de favorecer a alguén!
Pódese sacar a unha persoa dun apuro con moi pouica cousa.
Así de fácil.
-¿Pedir algo por favor e dá-las grazas, deixa a alguén máis pobre?
Non. Claro que non.
Ademas di moi ben de quen sabe facer uso destas expresións tan á orde do día.
-¿Arruinouse alguén por facer unha chamada telefónica para dar un recado?
Ó meu parecer arruinado está o que non chama por aforrar.
Aforrar, aforrar, aforrar
Tanto aforrrar
¿Para que?
-¿É tan complicado circular por onde corresponde?
Estou pensando nos pasos de cebra para os viandantes.
¡Que arriscados somos!
¿Non é a vida o máis valioso que temos?
-¿Quedámonos máis pobres cando facemos un favor a alguén?
Unha veces cóstanos máis e outras menos, pero favorecer a alguén sempre é unha gran inversión.
É unha gran inversión porque ese favor volverá a quen o fixo polo camiño que sexa.
¿Cantas veces nos fan favores, persoas que non nos deben nada?
A min, moitas.
¿A vostede, non?
A matemática da vida, funciona así.
Faise un favor a Pedro e devólveo Xoán.
Pois si.
Unha veces devólveo Pedro pero outras
Si te he visto, no me acuerdo
¿Explicación?
Fai ben e non mires a quen.
O mundo necesita persoas así.
PERSOAS ASÍ!
Este será o título do seguinte artigo.
Dede estas liñas quixera dá-las grazas a cantas persoas fan a vida agradable con pequenos detalles da vida cotiá.
Esas persoas anónimas, son a luz e o sal da terra.
Grazas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora