Ronsel da raíña louca
Costa Clavell, Xavier - domingo, 21 de octubre de 2001
Foi unha interesante vida femenina, manipulada pola historia, os biógrafos, os seus propios pais, os chamados Reis Católicos, que o fixeron cínicamente, cos seus maquiavélicos enxaugues políticos. O seu viacrucis persoal espállase polos camiños de Flandes, de Castela, de Bruselas, de Tordesillas... Nacida para ser raíña, todo se confabulou contra ela, que, namorada dun persoaxe trivial e versátil como Felipe o Fermoso, chegou a rozar os lindes da loucura.
-A escritora Carmen Barberá, autora dunha biografía novelada de Xoana a Louca, foi quizáis a que máis se adentrou no perfil humano deste singular personaxe. Carmen pon na boca da filla de Isabel e de Fernando estas arrepiantes verbas: Sen dúbida algunha a concertación da miña voda, o obrigado regreso a España, a miña ineludible permanencia na península e o forzado ingreso no castelo de Tordesillas, onde escomenzaría un mal disimulado cativerio, foron intereses de Estado ante os cales ninguén vacilou en facerme víctima.
-Pai do gotoso Carlos V, parece ser que Xoana perdeu realmente a razón en 1506 cando morreu o seu marido Felipe. Carmen Barberá, coa súa suxestiva creatividade narrativa, colle o ritmo de aquela patética vida de Xoana desde a primeira páxina do seu libro e xa non o abandoa ata a derradeira, a 240. Toda unha proeza literaria. Por suposto o seu personaxe, Xoana a Louca, axuda á escritora á hora de mergullarse nas vereas da novelística, e igual cabe dicir da época, pero Carmen Barberá non nos defrauda e soubo, como en outras ocasións, sair airosa do trance. Toda unha fazaña literaria, repito.
-Lin de novo esta obra de Carmen Barberá con verdadeiro pracer. E fíxome recordar que ela xunto coa inesquecible e chorada María Luz Morales foi unha das primeiras persoas que me axudou xenerosamente nos anos -a mediados do decenio dos 50- presididos pola miseria -recén chegado a Barcelona- que me empuxou a vivir unha non desexada bohemia.
-Carmen dí ó remate do seu libro: Ata o seu retiro de Yuste alcanzou a Carlos V a lenda de Xoana, pois rumoreouse que non podía aturar o arrepentimento polo trato dado á súa nai....

Costa Clavell, Xavier
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora