Proa ó leste
Fernández, Suso - jueves, 24 de marzo de 2016
72 anos se cumplen da primeira vez que embarcacións focegas puxeron proa a portos de leste para iniciar a longa travesía anual e dedicar un par de meses á pesca do bocarte que era mais ou menos a duración da costeira. Foran as primeiras en tomar a arrincada as chamadas Delio e Remixia. A primeira, propiedade da familia Quintanero, tripulada polos irmáns Antonio e Eliseo Ares Otero; Valadouro, Balbino de Andrés, Chingla, Mancha, Didín, Manolo da Cacarela, Salvador Incera, Pepe do Fesguello, Suso Castiñeira e Pepe do Barbeiro, o motorista.
A Remixia, da que era armador Emilio Teijeiro Pelotas. Mandada por Pachocho levaba ademais a Alberto da Capitana, Normando, Manolo de López,Tisia, Paco de Eulalia, Barrigán, O Mereto, Pelolelo e Cora.
Sucesivamente fóronse unindo tódalas lanchas con base no noso porto: Mari Came, Sebito, Balboa, Jesús Dolores, Dominga,Nazareno, Lestegás, Otero Lage, Gavilán del Mar, Brisas de Foz, Normando, etc. o que significaba todo un éxodo hacia aquelas latitudes.
Nas vésperas da saída o peirao ofrecía grande animación: a preparación e avituallamento das distintas unidades daban lugar a un trafego de persoas, víveres, mercadurías
que levaban parellas a tristura da despedida e tamén a ilusión de que á volta se cumprirían obrigas e promesas, mesmo de casamento; novos proxectos de vida
Á volta de Lequeitio era frase acuñada que expresaba esas esperanzas e eses desexos.
Pascasio era un persoeiro singular, polifacético: mestre zapateiro, carteiro e barman; enxeñoso, versificaba aconteceres da vida local. Naqueles tempos, chegada a costeira, coa música de Santander, o bolero que tan popular fixera Jorge Sepúlveda, cantaba: As de Foz son o demo e namais / todas queren gastar medias de plexiglás. Eu soñei ou dixéronme a mín / que se falla o bocarte / vánseche pra Madrí
Mariñeiros focegos e xentes do mar daqueles pobos viviron unha longa odisea de admirables valores humáns nos que o concepto da solidaridade e a mútua axuda, da camaradería, con tantas carencias, foron moeda cotiá.
Admirable!.
Había moitos anos que Laredo tiña dedicado unha rúa a Foz; no ano 2003 Chemari Neira, presidente da Confraría, finado prematuramente, suxiríu á alcaldía corresponder coa vila santanderina: así naceu o Paseo de Laredo que atravesa a praia da Rapadoira

Fernández, Suso