Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paco Nieto

martes, 31 de octubre de 2006
A quen toca simultaneamente varios instrumentos, chámanlle home orquestra. Paco Nieto é un home música.

Fomos compañeiros, el moito máis novo, a comezos dos setenta, en Radio Popular de Lugo. Paco Nieto tiña xa daquela o valiosísimo don da sensibilidade que aplicaba á súa profesión de técnico de son, con especial atención ós aspectos artísticos e musicais.

Suxería, motivaba, animaba, inspiraba de tal xeito que o producto que saía ás ondas levaba a súa impronta. Resultaba perfecto.

Tiven a sorte de contar co seu consello e selección de músicas e cancións en varios programas, para min imborrables. Logo, foi esencial á hora de que Televisión Lugo tivese sintonías memorables.

Paco Nieto está agora en Radio Lugo, a emisora decana da radio luguesa. E entre os programas que fai interésame de xeito especial “Esto me suena”, que se emite os sábados de 12 a 14 horas.

Para a miña muller e para min, un chisco nostálxicos, é unha
ledicia contar con dúas horas de música da nosa mocidade. Pero os nosos fillos, sen idade para ser nostálxicos desa música, son coma nós devotos seguidores do programa, disfrutadores dunha musicofilia que nos convirte en Pacoadictos os sábados ó mediodia e máis despois.

O video non matou á estrela da radio. E, en canto á música, eu prefiro a radio á TV a unha distancia imposible de medir con unidades métricas ou volumétricas.

Téñome por profesional dos medios de comunicación con especial querencia pola radio con case corenta anos de vencello coas ondas. E proclamo que poucas veces teño oído un programa que chegue tan fondo, que provoque tal adicción, que evidencie que o seu responsable vive o que fai co agarimo dunha vocación irrenunciable.

Para asignarlle música ó facer de Paco, ocórreseme aquel “Bravo pola música”, que cantaba Juan Pardo, extensivo a toda a xente “que está en conexión”.

E postos a agradecer, utilizo aquel “Gracias a la vida”, cantado de xeito memorable por Joan Báez, por ternos dado o oído para noite e día poder escoitar “grillos y canarios / martillos, turbinas, / ladridos, chubascos…”, e gracias, Paco Nieto, por vivir a música, por enchernos de música estes oídos incansables, e por facernos lembrar que unha vez fomos novos, e a música -¡sempre!- encheu de ledicia os nosos corazóns.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES