O venres 25 de marzo, entregaremos o Premio Trapeiro de Honra 2016 a

José López Díaz, coñecido como Pepe de Cristos, na Casa Habanera de Guitiriz ás 6 da tarde.
Pepe foi saxofonista e clarinetista nas orquestras Chedeiro e Armonía, dos Vilares de Guitiriz. Estas orquestras actuaron por festas e salas de baile da comarca chairega e comarcas limítrofes nos anos de posguerra, en tempos duros de traballo, escasezas e emigración, sen medios.
No acto do venres ademáis do recoñecemento e homenaxe a Pepe de Cristos, queremos simbolizar a recuperacion da memoria daqueles músicos e orquestras, autodidactas en moitos casos pero con.grande vocación artística e que compaxinaban o traballo do campocoa súa paixón musical.
Para esta homenaxe contaremos coa presenza da alcaldesa Regina Polín, a promotora do noso proxecto, Pastora Veres, o acordeonista vilarego

Eladio Roca, o ex vocalista da orquestra Armonía Ricardo Rivera que nos deleitará con unhas.pezas ao saxo e a voz femenina da orquestra Los Satélites, a vilarega Arantxa Álvarez, que será a encargada de entregar o premio a Pepe de Cristos simbolizando a admiración e respeto dos actuais músicos de éxito aos seus precursores.
Pastora Veres ten xuntado o pasado ano para o libro que está redixindo aos tres músicos vibos da Orquestra Armonía, Pepe de Cristos, o vocalista Ricardo Rivera, activo na coral de Guitiriz, e ao acordeonista Indalecio de Cazás, aos que tentaremos xuntar novamente neste acto.
Esta é a terceira edición do Premio Trapeiro de Honra, que na primeira foi concedido a Xosé María Díaz Castro e na segunda á Romaría Labrega da Chaira.