Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Yin, yang ou que?

viernes, 25 de marzo de 2016
Trala visita de Xi Jinping aos principais medios centrais que “conectan a China co mundo” (Televisión Central, Diario do Pobo, Axencia de Noticias Xinhua), en palabras do propio secretario xeral do PCCh, a “lealdade ao Partido” converteuse no apelido irrenunciable dos medios; isto equivale a dicir que o aliñamento coas teses oficiais refórzase e as canles ou espazos para o exercicio da crítica, por pequena ou benintencionada que sexa, redúcense á mínima expresión, pasando a considerarse un intento de “danar a imaxe” do Partido.Yin, yang ou que?
Paradoxalmente, este novo xiro que apunta a un control máis estrito duns medios obrigados a servir máis ao Partido que á propia sociedade, combínase cun impulso da presenza dos medios chineses nas redes sociais máis comúns en Occidente (Facebook, Twitter, etc.), redes prohibidas en China e ás que só se pode acceder contando cun VPN (Virtual Private Network). Desta forma, son os propios medios quen habilitan no seu seo responsables para que se salten a propia norma dispoñéndose a prover contidos para lograr o máximo de adhesións polo mundo enteiro que, naturalmente, non son accesibles directamente para os propios chineses. E son os propios medios quen provén dos VPN necesarios para tal fin e dispensan recompensas e honores a quen sobresaen na consecución do máximo de obxectivos.

Así, coa premisa de que “a voz de China óiase mellor no mundo”, o que para nós resulta unha situación inaudita e ata esperpéntica, en China, aínda que produce rubor a non poucos, asúmese con máis naturalidade do que parece. Onde nós vemos contradición eles ven complementariedade e innovación para “avanzar cos tempos”. Internet converteuse na prioridade das prioridades e un mecanismo irrenunciable para diseminar a “propaganda positiva”.

Só falta agora que os propios VPN sexan comercializados por empresas chinesas, a poder ser, públicas e dependentes do todopoderoso organismo encargado de velar porque as lecturas dos cidadáns chineses séxanlle de proveito.. ao Partido.

Á marxe de consideracións que nos remiten ao exercicio das liberdades recoñecidas pola propia Constitución chinesa (que segundo un recente informe de traballo da Asemblea Popular Nacional cumpriuse en 2015 de forma “completa e efectiva”), a actual escalada da censura reflicte non só o temor á inestabilidade senón sobre todo a falta de confianza nas propias razóns e argumentos, na forza das propias crenzas.

A política de comunicación de Xi Jinping abandona calquera aceno de sofisticación e bifúrcase, con pasos en dúas direccións e un ton xeral que apunta a botar o ferrollo informativo tirando a chave ás profundas augas da ideoloxía como garantía institucional que todo o xustifica, o cal non deixa de xerar perplexidade entre quen creran na súa mensaxe inicial de someter o poder a unha gaiola de regulacións e impulsar o Estado de dereito e ata un novo constitucionalismo.
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES