Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ineficacia e vergoña

martes, 31 de octubre de 2006
E logo din que a corda rompe sempre polo máis frouxo, polo máis delgado. ¡Pois non!.

Estaba en marcha unha oposición para Arquitectos técnicos da Xunta, e xa se celebrara algún exame.

As probas documentais deste examen, que debían estar pechadas “a piedra y lodo”, ou con sete chaves, pérdense. Desaparecen.

Hai un tribunal que xulga as probas e vela polo seu desenvolvemento. Un tribunal cun/cunha Presidente/a, vocais e secretario/a, que unha vez celebradas as probas recollen os exercizos e gárdanos. Responsable do tema será o/a Presidente/a ou o/a Secretario/a.

E gárdanse do xeito máis seguro. E se chegan a desaparecer, algún responsable haberá dentro do tribunal.

Ou sexa, que era de agardar que despois desta desaparición, fose cesado ou dimitido o vocal máis novo ou de menor categoría, o eslabón máis debil da cadea ou a corda máis delgada.

E, sen embargo, quen dimite é o Director Xeral da Función Pública, político responsable máis alto da formación, promoción, evolución, evaluación e boa marcha do funcionariado.

¿Por qué non dimite o Conselleiro da Presidencia, que é de quen depende o Director Xeral da Función Pública?. Ou o Presidente da Xunta, que a fin de contas é o responsable último.

A vergoña afecta a toda a organización, porque ven poñer de manifesto que todo está en cuestión, que nada hay totalmente seguro, que ademáis dos fallos humanos que poden aparecer en calquera proceso, xorden acontecementos terceiromundistas ou bananeiros que desacreditan o que debera estar por riba de calquera suposición ou dúbida.

Perder estes papeis significa para a Administración autonómica galega moito máis ca un erro ou un despiste. Significa permitir cuestionar procesos de selección de persoal, que é o mesmo que dicir a seriedade, a normalidade, a imparcialidade administrativa.

A dimisión producida non soluciona nada. Se non recibimos axeitada e rápida explicación do sucedido, imos tardar moito en esquecer esta ineficacia, esta vergoña.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES