Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Porque xa todo se contou

lunes, 21 de marzo de 2016
Porque xa todo se contou A semana pasada foi un rapaz meu de excursión. De que? De excursión. Que é iso? Agora as excursións xa non son o que eran. Na miña época, no colexio, nin tan sequera se durmía. Lembro que faciamos garda pola ansiedade aquela de que chegara o momento da saída. Lembro que intentabamos almacenar todo na memoria, para, á volta, ó chegar ó colexio ou ás casas, contar todo minuto a minuto, desde a saída ata o regreso. Agora… agora as excursións son radiadas. Por culpa do bendito e maldito guasap. Onde vas agora mesmo? Quen está sentado ó teu lado? Corre moito o condutor? Falta moito por chegar? Que tal é o hotel? Imos en tal sitio. Á miña beira teño a Loliño Cachamuíña. Non, o condutor vai ben, só nas rectas acelera un pouco máis. Creo que imos na metade do camiño. O hotel, por fóra, está ben. Non sei por dentro que aínda estamos entrando. Seguro que moitos rapaces non ven os monumentos ou non gozan das atraccións porque teñen que perder o tempo contestando os guasaps. Estamos vendo a casa do concello que está no medio e medio da cidade. Despois marchamos a ver a ponte esa colgante sobre o río. Si que é grande a cidade, é enorme. Por agora, vai sol. E así un día detrás doutro. Ata o último guasapeo: estamos entrando en Ourense. Os pais danlle uns bicos ós fillos, preguntan un que tal… e xa rematou todo. Nada se conta porque xa todo se contou. Ai aquelas excursións de antano!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES