Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Juanda

miércoles, 23 de marzo de 2016
Meu querido Juanda:

Quería facerche unhas letriñas para felicitarte de corazón por esa gran vitoria que supón rematar a secundaria nada menos que cun premio ao esforzo extraordinario. Vasme permitir que o abra para dicir que dentro deste premio hai loita, unha loita constante por facer un mundo á altura de todas as mans, por demostrar obxectivamente o que a outras persoas se lles presupón, por gozar da vida e que a vida goce contigo e por virar os tempos cun sorriso.

Tamén hai todo un recoñecemento a quen loita asumindo e forzando os límites para recoller o froito sagrado do traballo propio. Éste, como xa descubriches, é un froito moi saboroso aínda máis cando temos grandes persoas con quen compartilo. Persoas que nos apoian co corazón aberto e as mans dispostas ao duro traballo polo porvir. Persoas que están aí como auténticas regalías da vida que nos dan azos defendendo a ledicia ata impoñela case como unha obriga moral. Persoas sen as que, ao fin e ao cabo, a nosa vida sería sinxelamente outra. Ti tes esa sorte na mesma medida que nós temos a sorte de terte e de aprender de ti día a día.

Eu teño que dicirche nesta carta dúas cousas alén destes parabéns e teñen que ver coas fermosas verbas que publicaches no meu facebook hai uns meses felicitándome polo meu doutoramento: a primeira é que eu tamén me sinto de noraboa polo teu logro porque sei que erguerá a moitas persoas á nosa loita e iso ten que ser un orgullo fondo para ti e os teus. A segunda é contestarche que si, que tiven e teño medo moitas veces e coido que o medo fainos humanos, ademais, o feito de superalo é unha aprendizaxe inmensa que nos fai máis fortes.

Con medo ou sen medo agardo que nos queden moitos camiños por andar e que nos reserven mil aventuras das que rirnos xuntos aprendendo mutuamente.

Mutuamente, Juanda, porque ti tamén es o meu espello de coraxe e amor, de lealtade e honestidade que xa empeza a acender as luces do porvir que labras e que, sen dúbida, celebraremos xuntos.
Unha aperta.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES