Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Queren calar dunha vez?

lunes, 30 de octubre de 2006
Os nosos políticos, están cada vez máis lonxe.

Hai distancias que se miden en Kilómetros. Cando os políticos se van de viaxe, poñen por medio determinada distancia, pero tamén cando actúan fóra da lóxica se alonxan – en maior medida- de nós.

¡Como se pode utilizar o Prestige como arma política no momento actual?.

Arde Galicia no verán, e o lume físico fai que xurda outro lume que apunta ó bipartido no goberno. Inúndase Galicia no outono, e a auga arrasa os lugares antes ardidos, dando lugar a novos lumes verbais que tentan – e ó mellor conseguen- chamuscar ós gobernantes implicados.

Os damnificados agardan solucións, ánimo, e garantía de que non se vai repetir o que ademáis é imponderable. E entón Núñez Feijoo prende de novo o lume dicíndolle ó Xefe do Executivo galego que xa ten ahí o seu Prestige.

A resposta non se fai esperar, e alguén entra ó trapo, razoando de xeito airado a diferencia entre as dúas situacións.

¿Qué nos importa ós galegos ese posible paralelismo?. Se nos importa é porque hai damnificados, persoas que sofren nos seus bens e nas súas vidas, que non merecen ver rifas de alto nivel sen xeito.

¡Que magníficas ocasións perden os nosos políticos de calar en momentos de traxedia, en momentos que son de arrimar o hombro, xuntos en lugar de manter discusións tabernarias do peor estilo.

Os políticos teñen que ter algo máis nas súas mentes públicas para aportar enxeño, orixinalidade, sensibilidade, e nos malos momentos dicir cousas que serenen, que tranquilicen, que fagan sentir mellor ós que sofren.

Hai uns días falabamos de pagar ós políticos. Se lles pagamos bos soldos, teñen que gañalos tamén coas palabras. Se non saben dicir nada mellor, con máis sentido, ¡calen!. E busquen consello nas xentes que teñan perto (que andarán algo máis cos pes no chan) para poder pensar con claridade e dicir o que todos lles queremos escoitar.

Queremos oilos falar de futuro, de solucións, de traballo, de apoio, de fins común, de que as ideas dos demáis tamén poden ser boas, de que este País e a súa xente merece tomar en serio os temas serios e poñerse de acordo para loitar por eles.

Mentras non consigan esto, é mellor que calen. ¡Todos!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES