Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subida á ponte do milenio

viernes, 18 de marzo de 2016
Por fin! Pensei que non o conseguiría nunca! Tardei 15 anos en conseguilo! Tanto eu como Alán tiñámoslle ganas. O de subir á ponte do Milenio de Ourense. Fixémolo o outro día. Fomos con tempo para o adestramento del no pavillón dos Remedios. Cando iamos na metade do camiño, foi o rapaz o que se acordou da ponte do Milenio. Subida á ponte do milenioPois veña, imos alá, que temos tempo. E déuseme por contar os chanzos. No primeiro tramo creo que había 87. Alí sacamos as típicas fotos e o rapaz, cando xa pensaba que baixariamos, quedou un chisquiño amolado cando lle dixen que diso nada de nada, que había que dar a volta por completo. Baixamos, subimos e baixamos. No segundo tramo da subida déuselle por pasarnos un deses que se dedican a correr e, claro, subía correndo e, claro, aquilo empezou a tremer un chisco e, claro, o sorriso xa se borrou un pouco dos beizos… non sexa o demo. Pero, sen o demo, non pasou nada. Aquilo aguantou. Cando chegamos arriba do segundo tramo, hai que recoñecer que non sei que carallo pasaba nas coxas. É dicir, que custa, vaia se custa! E un servidor, acabado de chegar da sementeira das patacas. Hai que ter vicio de raio. Ah si, por certo, 480 chanzos. Banzo arriba, chanzo abaixo. Que non son cagallóns que se encamban. Creo que a torre da igrexa de Baños de Molgas ten 103 e xa me parecían unha animalada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES