Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Campaña “catalana”

viernes, 27 de octubre de 2006
Se repasamos o que está a acontecer na campaña electoral catalana poden sorprendernos bastantes “episodios”; pero teño o atrevemento de seleccionar dous polo que poden ter de paradigmáticos dada a súa potencialidade antiexemplarizante: a rúbrica ante notario do candidato A. Mas, e a publicidade “preservativa” de Iniciativa per Catalunya els Verds.

O candidato Mas de CIU dá fe pública do que xa de sobra é público porque por el mesmo e os seus así o publican. ¿Demasiado público, non si? ¿Ou non teñen suficiente fe no que eles non cren? Reafírmanse na súa fe, ante fedatario público (iso dicían que era un notario) do que todos -¡tamén eles!- “malician” que non cumprirán.

Mala lección: falar barato tamén se pode facer ante notario, total ¡non pasa nada!

Soamente un pensamento: e se resulta –como vai resultar- que o PP de Catalunya sobe como vai subir (admitimos poxa), van precisar deles; por tanto ¿non sería mellor volver ante o notario e retirar o documento, acta, xuramento, testamento..., ou “papeliño”?. Porque esto é outra cara da moeda ¿qué pensou, matinou, dixo... o Sr. Notario? ¿Onde arquivou o “documento”, con que número de protocolo? E se resultara, como resultará, que non se cumpre o fedatariamento ¿ante quen imos reclamar?

Por outra banda, os de I.C.V imprimen e reparten condóns nos que indican ¡cal debe ser a súa utilización concreta! É dicir, teledirixen actividades sexuais concretas con “partenaires” de dereitas. O que non din (o espacio non lles dá para máis) é se debe ser un acto amoroso ou forzado. Se fora o primeiro (amoroso) nada que dicir, pois “as partes” atopan “ese punto de compenetración”, e non semellan que eso sea malo. Pero se falamos do segundo suposto (forzado), esa conducta está tipificada como violación. Polo tanto –falando moi en serio- é unha clara incitación á violencia en xeral e tamén de xénero.

Segunda mala lección: Incitar á violencia sae “gratis”, sempre que sexa na pugna política.

Menos mal que hai outras leccións máis positivas.
Regueiro Tenreiro, Manuel
Regueiro Tenreiro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES