Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polo camiño do Furafollas

viernes, 18 de marzo de 2016
Polo camio do Furafollas Algúns medios din que Galicia quere a gran coalición PP-PSOE-C´s. Eh, eh, eh; dálle atrás á vaca! Que digan a maioría de Galicia, vale, de acordo, pero xeneralizar por xeneralizar, iso si que non, eh. Que algúns temos a nosa honriña. Son galego. Non quero esa coalición. E punto.

As minorías tamén temos dereito a opinar e a poñernos en contra das maiorías. Seguro que a base de machucar e machucar, como un mazo pilón, conseguiremos algo. Tamén a gran maioría non quere a autodeterminación, pero estou seguro que, co tempo, Galicia será libre. Todo é cuestión de... xa sabedes, como un furafollas, como un fedello, como unha mosca cojonera: que zumba e que dálle ata que te fai levantar da cama porque non te deixa durmir. A non ser que a mates. A non ser que nos exterminen. Si, xa sei que máis dun o desexa, pero...

Pasiño a pasiño andaremos camiño. E por esta nosa terra é fácil, porque practicamente son todos camiños. Que si nos levarán a algunha parte. Máis tarde ou máis cedo ese camiño chegará á súa fin. Máis tarde ou máis cedo teremos a autodeterminación. Ó mellor ata chego a vela, a vivila. Oxalá! Andaremos camiño. En principio xa vou polo camiño do furafollas, da mosca cojonera.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES