Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soldos millonarios para os políticos

jueves, 26 de octubre de 2006
Os soldos dos funcionarios públicos preocupan a toda a sociedade. Os dos políticos, moito menos.

Os funcionarios públicos están á nosa beira: nos concellos, nas deputacións, na Xunta, na Administracións Institucional, na Seguridade… Mellor ou peor pagados, os seus son ingresos de tipo medio, a un nivel normal, quizais algo maiores que os da empresa privada, pero non moito máis.

A este numeroso grupo de persoas, situado no punto de mira do cidadán medio, é ó que en calquera momento calquera persoa que considera non ten sido atendida coa prontitude ou atención debidas lle espetará que precisamente o que se estima non debidamente atendido é o seu patrón, e quen lle paga o soldo.

Esto, nunca se lle dirá a un político. Porque hai menos confianza ou cercanía, e porque se considera que o político é natural que teña situación de privilexio.

Nin o máis mínimo comentario á publicación dos soldos que as primeiras autoridades de Galicia cobran polo desempeño voluntario dos seus cargos políticos. Nin os 83.000 euros anuais de Touriño, nin os 81,000 de Quintana, nin os algo máis de 70.000 dos conselleiros chaman a atención. Quizais porque fai falla traducilos ás antigas pesetas para que soen impresionantes: entre os 14.000.000 e 11.000.000 pts. anuais, cos correspondentes descontos como en calquera percepción salarial.

E sen embargo, aínda que eso o pagamos entre todos, ninguén lles recriminará os importes senón o resultado do seu traballo, do que serán responsables diante de todos nós.

Porque eses importes son míseros se se comparan cos que perciben as persoas que con eles negocian os grandes temas, representando a Bancos ou Caixas, Corporacións ou empresas, dos que non se coñecen os importes pero eses sí que son perceptores millonarios.

Agora publícanse os datos económicos. Vale. Non pasará nada. Ben cobrados están se ben defenden os nosos intereses. Eso sí que debe preocuparnos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES