Envellecer é aprender
Cachaza Platas, Mercedes - martes, 15 de marzo de 2016
O día de San Xosé do ano 2016, na Igrexa parroquial de Labrada, ten lugar unha nutrida concentración de persoas maiores para celebrar o décimo sexto aniversario do CONSEJO DE ANCIANOS DE XESTOSO-CAMBÁS.
Preside a celebración, o Rvdo Cura-Párroco Don Luis Ángel Rodríguez Patiño, fundador, promotor e alentador da devandita Asociación.
O PROGRAMA PARA ESTE DÍA É O SEGUINTE:
-Celebración dunha misa coa Unción de Enfermos incluída para darnos forzas para vivir con dignidade esta etapa da vida.
-Lectura dun manifesto titulado: ENVELLECER É APRENDER a cargo de Mercedes Cachaza Platas, Presidenta do Consello de Maiores de Paderne.
-Un xantar de confraternidade nun restaurante da zona.
-Moita convivencia e moita harmonía para intercambiar experiencias enriquecedoras entre persoas maiores desta comarca.
MANIFESTO: ENVELLECER É APRENDER
Despois de moitos anos xuntos, reunímonos hoxe, unha vez máis, nesta igresa de Labrada, baixo a protección de San Xosé e a nosa Naiciña, Santa María de Labrada, para agradecer o feito de poder estar aquí todos xuntiños dando grazas polos anos vividos e pedindo axuda para disfrutar dos que nos quedan:
-Grazas, por tantas e tantas oportunidades que se nos deron ata o día de hoxe.
-Grazas, por tantos anos de vida.
-Grazas, pola saúde disfrutada.
-Grazas, polas persoas que nos acompañan no camiño da vida.
-Grazas, por disfrutar dunha terra tan fermosa.
-Grazas, por recibir a fe cristiá no seo da nosa familia e na Igrexa Católica.
-Grazas, por tódolos favores recibidos.
-Grazas, polo que temos e sobre todo polo que somos.
-Grazas, por tantas e tantas emocións que sentimos neste momento, aínda que non teñamos palabras axeitadas para manifestalas.
Resumindo:
Grazas por todo, porque todo colaborou a que hoxe sexamos quen somos e como somos.
Pero queremos seguir pedindo axuda para disfrutar dun futuro prometedor, porque aínda nos queda moito que aprender:
-Aprender a querérmonos convivindo cos achaques propios da idade, mostrando en todo momento agradecemento pola vida que se nos regala.
-Aprender a comportarnos coas novas xeracións, admitindo que cada xeración ten as súas particularidades.
-Aprender a estar sen entorpecer o proceso da vida de cada persoa, porque cada persoa é única e irrepetible e ten a súa propia historia.
-Aprender a disfrutar desta etapa da vida sen perder un minuto, porque o tempo apremia.
-Aprender de San Xosé que conservou a fe e foi fiel ó seu cometido aínda que a veces non entendera moi ben porque lle pasaban aquelas cousas a el.
-Aprender de San Xosé a pasar pola vida facendo caladiñamente o que nos corresponde.
-Aprender da Virxe María a gardar moitas cousiñas no noso corazón como fixo ela na súa vida terrenal.
-Aprender a crer contra toda esperanza, porque algún día comprenderemos cal foi a nosa misión nesta vida.
-Aprender a aprender porque mentres aprendemos estamos exercitando as nosas facultades mentais e consevámonos xoves de espírito.
-Aprender a agradecer todo canto ben nos fan as persoas que nos rodean.
-Aprender a dar cando nos pidan axuda.
-Aprender a recibir cando se presente o caso porque nesta etapa da vida máis que nunca- imos necesitar moita axuda.
-Aprender a valorar a nosa riqueza como galegos: a nosa fala, a nosa cultura, a nosa gastronomía, a nosa paisaxe, a nosa terra, o noso mar, a nosa historia
.
En fin, aprender a valorar todo o legado polo que tanto loitaron os nosos antepasados.
E cando nos toque a hora de partir:
-Partir coa satisfacción de ter aproveitado as oportunidades que nos presentou a vida.
-Partir coa satisfacción de ter loitado con tódolos medios ó noso alcance e con tódals nosas forzas para deixar un mundo mellor para os que veñen detrás.
-Partir coa concienca tranquila.
-Partir en paz e descansar na paz.
Se así o facemos, a nosa misión estará cumprida.
Coa axuda de Deus, de San Xosé e de Santa María de Labrada, chegaremos a bo porto.
Esa é a nosa esperanza e a esperanza nunca defrauda.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora