Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vilalba de Lugo e Villalba de Madrid

martes, 24 de octubre de 2006
O de que dous pobos establezan irmandade é algo digno de ser subliñado, e que só pode producir beneficios para os dous pobos.

Hai máis de vinte anos, na miña oficina que daquela estaba na alcaldía do Concello de Lugo, recibín unha chamada do pobo de Lliça d´Amunt, en Cataluña, que quería irmandarse cun pobo lucense que tivese determinadas condicións… Que fose un pobo pequeno, que tivese un río, que fose eminentemente turístico, que tivesen problemas para o progreso… E de inmediato tiven a imaxe do pobo que necesitaban. Púxenos en contacto con Eloi Rodríguez López, Alcalde de Portomarín, e cadraron tan satisfeitos os rexedores por atoparse mutuamente que levan dúas décadas de romance político-administrativo, e Portomarín ten un pobo irmán en Catalunya que se chama Lliça D´Amunt.

Vilalba xa ten un pobo irmán aló por terras valencianas chamado Quart de Poblet, pero faltáballe algo, xa que ninguén máis chamado a vencellarse – por denominación - co noso pobo que o de Collado Villalba.

En tempos, era un problema saber de quen se falaba. Nos medios informativos, sobre todo para os radicados en Madrid ou de carácter nacional, Villalba era o pobo situado perto de Madrid, a un paso da serra, que tiña algo de cidade dormitorio e algo de pulmón para os capitalinos. O de Collado soa así como novo, xa que daquela coñeciamolo simplemente por Villalba. Matizando: Villalba de Madrid.

Logo, estaba a nosa. Villalba, agora Vilalba. Que cando indicabamos a nosa procedencia había que engadir “Villalba de Galicia”.

Os tempos foron marcando a evolución… E antes de que nos transformabasemos en Vilalba fomos “Villalba de Lugo”, o pobo onde nacera o Ministro de Información e Turismo, o que logo foi embaixador diante da Súa Maxestade Británica, logo gran esperanza blanca dos primeiros tempos da transición, por fin Vicepresidente do Goberno, e –volto á terra- Presidente de Galicia durante dezaseis anos.

Fraga veu poñernos no mapa. Xa non había quen nos confundira, nin siquiera os madrileños. Había unha Villalba madrileña, pequena. E unha Villalba galega, grande, nas terras de Lugo, que tiña entre outras cousas un equipo de futbol, o Racing Club Villalbés, do que Fraga era devoto.

Logo, veu Rouco. Tamén nos axudou ben que Monseñor Antonio Rouco Varela nacera en Vilalba, e pasase de bispo auxiliar de Santiago a arcebispo de Compostela, e logo Arcebispo de Madrid-Alcalá, e Cardeal, e bautizase ós netos dos Reis.

En fin, que cando tiñamos gañado un posto na sociedade do país, conseguindo ser a primeira Villalba de España, por riba de tódalas Villas Albas, cambiouse o nome, galeguizándoo, co que a verdade tampouco perdemos nada, porque agora somos non só os primeiros senón os únicos do mundo mundial. Vilalba só hai unha, e é a nosa.

Chegado a este punto, agora que non hai competencia, podemos ser xenerosos e tratar de igual a igual ó pobo que antes nos levaba a dianteira da cercanía de Madrid.

O noso Alcalde, Xerardo Criado, xa iniciou as xestións, e con tres concellais foi hai días a Collado-Villalba para establecer relacións, participar na festa do Pulpo que organiza o activo centro galego que alí existe, e avanzar nas negociacións.

O tema vai por bo camiño, e moi axiña teremos relacións de irmáns con Collado-Villalba, de xeito que xa podemos ir pensando que un día das próximas festas se lles adique ós villalbeses que nos visiten. E que cando vaiamos a Madrid podemos facer parada “na casa”, en Villalba, para fomentar estas relacións.
Que sexa para ben, Que canto máis aliados teñamos lonxe, máis lonxe imos chegar.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES