Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miles de millóns de anos

sábado, 12 de marzo de 2016
Pingas de Orballo

Sigo alucinado coas novas que se producen sobre o espazo. Agora resulta que o sol pasará ó mundo dos recordos dentro de non sei cantos miles de millóns de anos. Polo menos, uns cinco mil. É dicir, á volta da esquina. Teño que coidarme. Quero chegar a ver o acontecemento. Quero ver se rebenta, se se extingue, se se acocha detrás de algo ou se acaba de arder por completo. Sinceramente, gustaríame velo. A ver se eu durara tanto. Desde mañá mesmo empezo a buscar un antídoto que me faga louzán, garboso, gallardo, garrido e eterno. E, tranquilos, seguro que non morrerei tampouco logo de que rebente o sol. Para eses miles de millóns de anos xa haberá algo que supla ó sol. Miles de millóns de anos

Seguro! Ó mellor chega con almacenar unha ducia de lóstregos. Ó mellor sacamos luz dunha simple pinga de auga ou da puntiña dunha estrela; se é que esta aínda non morreu. As estrelas tamén morren. O sol (que é unha estrela), xa dixen que morrería. Tan só eu espero, confío e desexo ser eterno. Si, non sei se non esaxeraría algo. Son moitos miles de millóns de anos. Pero, vai ti saber; ó mellor dentro de 100 anos (non estaremos todos calvos, non) xa se curan todas as enfermidades. Todas incluída a da vellez. Esta é a que máis amola. Pero, eu, seguro que chego alá. A ver rebentar o sol.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES