Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chantada e as Terras da Ulloa

viernes, 02 de noviembre de 2001
Segundo unha lei de Desenvolvemento Comarcal promulgada o ano 1996 pola Xunta de Galicia, constitúise a de Chantada como Comarca da Comunidade Autónoma como centro da mesma. Este espacio comarcal concorda de xeito claro o espacio natural, acusadamente diferenciado do resto do territorio co arrodea, co núcleo funcional, Chantada.

-Nembargantes, mantivéronse tradicionalmente vencellados á vila chantadina os concellos do sur da Ulloa, é dicir, Antas de Ulla e Monterroso, ademáis de Portomarín, que está fora dos límites da bisbarra.

-Voume a deter aquí, nas terras da Ulloa e falar de dona Emilia Pardo Bazán, autora da novela Los pazos de Ulloa (1886), primeira parte da titulada La Madre Naturaleza, aparecida o ano seguinte. Seméllame que non serán moitos os chantadinos que relacionen á condesa, a traveso da Ulloa, co Partido Xudicial cuxa cabeza é a vila de Chantada. A primeira das novelas que cito, escrita dentro dos eidos literarios do naturalismo, é, sin dúbida, unha das mellores de dona Emilia.

-Sigo agora adiante.

-A comarca da que fala a lei de 1996 – que citei ó principio deste artigo toma o nome do principal núcleo, ou sexa, Chantada. A bisbarra esténdese aproximadamente entre os 42º 27’ e os 42º 47’ de latitude Norde e os 7º 57’ de lonxitude Oeste. Ao Norde limita coas comarcas da Ulloa (concello de Monterroso) e Portomarín. Ao Sur con A Peroxa e Vilamarín (Ourense). Ao Leste coas terras de Lemos (concellos de Saviñao e Ferreira de Pantón) e Sarria (Paradela). E ao Oeste coas bisbarras da Ulloa (Antas de Ulla), Deza (Rodeiro, na provincia de Pontevedra) e O Carballedo (San Cristovo de Cea, na de Ourense).

-A vila de Chantada é a capital comarcal. Nela concéntranse a maioria dos servicios públicos e privados. A súa área de influencia esténdese máis alá da bisbarra na que está inscrita, como consecuencia de ser tamén a sé do partido xudicial.

-Mentres o concello de Taboada está funcionalmente vencellado a Chantada de xeito moi estreito, aspecto que favorece a disposición das vías de comunicación en dirección N-SO, o concello de Carballedo mantén fortes vinculacións con outros centros, como as cidades de Ourense e Monforte de Lemos, por razóns de proximidade, inda que tamén son fortes os que vencellan a concello con Chantada.

-Polo que se refire á evolución demográfica da bisbarra de Chantada a súa faceta máis característica é o seu declive, como consecuencia da emigración experimentada desde os inicios do século XX ata os anos setenta. Iso produxo un acusado avellentamento e un saldo vexetativo acusadamente negativo.

-Hai que salientar que o núcleo urbano de Chantada retén a súa poboación na área, que perde rápidamente habitantes. Desde 1887 (1.262 H.), excepto no periodo de 1960-1970, no que perdeu o 8,6% da súa poboación, ésta non deixou de medrar. A vila, co seu despegue urbanístico, anexionou dúas parroquias próximas.

-Compre suliñar que no acentuado avellentamento da poboación comarcal só un 15,9% dos habitantes ten menos de 20 anos, en contraposición cos maiores de 64 que chegan a un 31,6%. Hai un maior número de mulleres, 51,07%. Tamén hai que salientar que o saldo vexetativo, segundo datos de 1996, é moi negativo, debido a unha baixa natalidade, 62,69%, considerablemente inferior á media galega –un 6,7%-. A mortalidade, como consecuencia da idade avanzada de poboación chantadina é moi elevada, un 11,4%.
Costa Clavell, Xavier
Costa Clavell, Xavier


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES