Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivenda entra no mercado

lunes, 23 de octubre de 2006
Vivenda –a Consellería da Xunta de Galicia– entra no mercado real, e adquire na Mariña lucense solo urbanizable residencial para edificar entre 150 e 200 vivendas protexidas.

Unha gota no mar urbano que nos invade, onde a Administración pouco máis pode facer que fitar espreitante o que pasa ó seu arredor.

Ó millor é unha lenda urbana esa que afirma que en Madrid o que merca un piso de alto nivel recibe como agasallo un apartamento na costa galega.

Ou que se venden pisos normais a 300.000€, en vilas do interior de Galicia, para madrileños que consideran que situarse a media hora da costa é o mellor exemplo de residencia céntrica para o tempo do verán.

Pero o que non son lendas urbanas son os impactos visuais que experimentamos ó visitar todas as nosas costas e numerosos lugares do interior. Non son lendas urbanas os horribles adosados que medran no noso agredido rural. Nin tampouco que nos pobos das costas galegas se paguen as vivendas a 3.000€ o metro cadrado, e que en Lugo no último ano a vivenda subira o 30%.

Que Vivenda entre no mercado, agora, é un canto ó sol. Somente unha boa intención, porque o problema da vivenda non se vai solucionar ata que chegue o famoso, agardado e temido crack. Logo, xa veremos, porque o máis probable é que da previsible desfeita sigan beneficiándose os de sempre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania