Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sentido común

jueves, 10 de marzo de 2016
Teño entendido que o sentido común é o máis común dos sentidos, é decir, aquel que toda persoa pode usar independentemente da súa nacionalidade, raza, lingua, ideoloxía, relixión, cor ou formación.

Tamén hai quen dí que xa pasou á historia dun xeito tan caladiño que case non nos percatamos do seu falecemento.

Eu quero pensar que o sentido común non pode morrer porque aínda está vivo e ben vivo na mente de todas aquelas persoas que queren facer uso del.

De tal xeito que o mundo funciona todo o ben que funciona grazas a que:

-É de sentido común que a inmensa maiorá dos proxenitores opten por darlles unha boa educación ós descendentes.
E dánllela, aínda que a veces se equivoquen.
¿Non recibíu vostede a mellor educaión que puido facitarlle a súa familia conforme ás súas circunstancias persoais e ó momento que lle tocou vivir?
¿Non lle deu a mellor educacióm que puido ós seus descendentes?
Eu estou convencida de que si.
Que sempre hai fallos…certo como a vida mesma.

-É de sentido común que os fillos coiden todo o mellor que poidan ós seus proxenitores na ancianidade.
E así o fan; aínda que tamén haxa quen os ingrese en centros hospitalarios ou os abandoe nunha gasolineira.
Pero son excepcións que confirman a regra.

Coñezo infinidade de persoas que se sacrifican todo canto poden por atender debidamente as rarezas e demencias propias da idade senil.
Son persoas exemplares, principalmemte mulleres que incluso se privan dun posto de traballo para atender ós seus.
Ó meu xuicio fan o que deben, pero teñen moito, moitísimo mérito.

-É de sentido común que os humanos lle dediquen máis cariño ás persoas coas que conviven que ás mascotas por moi boas que sexan.
E así o fan, aínda que certas mascotas leven unha vida de luxo porque tamén o merecen.

-É de sentido común que a inmmensa maioría dos humanos madruguemos máis ou menos para buscarnos o pan de cada día, e non hai máis que ver como están as vías de circulación á hora de ir traballar.
¡Outros sofren por non atopar onde gañarse o pan!
E outros…

-É de sentido común que a maioría dos estudiantes, estudien todo o que poden, e grazas a ese esforzo vanse descubrindo novos inventos e novas tecnoloxías que nos fan a vida máis levadeira.

Hai estudiantes que fan enormes sacrificios:
Traballan para paga-los estudios, porque loitan con tódalas súas forzas por acadar coñecementos para mellora-lo seu nivel académico.

¡Se nos contaran a súa vida todos os que teñen estudios superiores, seguramente nos sorprenderíamos!
E tamén é certo que hai casos, -algúns- que desaproveitan as oportunidades porque “cuando el juicio ha venido; el tiempo se ha ido”
Este dito castelán, téñollo escoitado moitas veces a miña nai, que mo recordaba cada vez que me descoidaba en facer algo que debía facer naquel preciso momento da miña vida.

-É de sentido común que os que temos eso que chamamos “novas tecnoloxías”, fagamos un uso racional delas, aínda que haxa quen tema polo uso abusivo sobre todo en nenos de curta idade.
Pero a maioría, usámolas como unha ferramente valiosa á hora de comunicar algo que desexamos, buscar algunha información que nos interesa, cultivar amistades que non podemos ver a miúdo.
Etc, etc...

Ultimamente fálase de que moitos nenos son víctimas de acoso a través dos móbiles, pero habería que preguntarse se é necesario que un neno leve móbil ó centro escolar.
E tamén se os culpables son os nenos ou quen lle pon esa ferramenta nas mans a unha criaturiña de curta idade.

Moitos profesionais do ensino, deixamos loitado nese sentido.
Algúns pais din que é por se necesitan algo, para saber onde están, etc, etc.
Eu penso que: nada deso.

¡Coa cantidade de medios informativos que teñen hoxe os centros escolares..!

Nalgúns casos, unha chamada de atención ás familias non lles viría nada mal, porque o sentido común, aí falla un pouquiño.

-É de sentido común que a maioría das persoas teñamos un oficio ou profesión que se acomode ás circunstancias persoais de cadaquén.
E en boa medida, así o facemos.
Por eso a maioría das persoas traballadoras, amamos a nosa profesión e resultamos ser bos e boas profesionais nos diferentes campos.

-É de sentido común que as persoas saibamos como administra-la vida para progresar máis u menos adecuadamente.
Cadaquén adminístrase á súa maneira, según as súas prioridades ou circunstancias.
Todos sabemos usa-lo sentido común aínda que de vez en cando nos concedamos unha “licencia” para pasalo por alto.

A verdade é que o SENTIDO COMÚN non pasa de moda.
De moda pasan outras moitas cousas.
Algunhas, ata producen señardade.

Pero aínda que pareza que todo pasa, tamén é certo que algo queda.
Ese algo que é común a tódolos tempos, que serve de enlace con tódalas xeracións.
Por eso se titulará así o seguinte artigo

“¿TODO PASA?”

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e polo seu bo uso do “sentido común”.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES