Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miss Norma aproveitando a vida

miércoles, 09 de marzo de 2016
Miss Norma é unha señora de Michigan á que lle diagnosticaron aos 90 anos un cancro de ovarios con poucas perspectivas de futuro. A gran decisión de Norma foi vender a súas propiedades, mercar unha Autocaravana e irse de viaxe co seu fillo Tom, a súa nora Remie e o seu neto.

Nesta aventura a nosa protagonista visita lugares emblemáticos como Disneylandia ou un museo da segunda guerra mundial. Podemos seguir a súa traxectoria a través doFacebook “Driving Miss Norma”. A páxina amosa como esta muller vive ata o último alento, facendo unha derradeira viaxe coa súa familia que, de seguro, lle quedará un recordo marabilloso do xeito no que Miss Norma afrontou a propia morte.

É fundamental ter claros os nosos obxectivos vitais, saber cales son renunciables e cales son esenciais para que a nosa vida acade a plenitude. Isto non é doado, xa que equivale a ser conscientes de que soños aprazamos e cales imos perseguir ata as últimas consecuencias. Quizais a mellor maneira de vivir sexa pensando no efémera que é a vida, sempre e cando isto non nos supoña ningún tipo de angustia. En todo caso convén lembrar o limite do tempo e a obriga moral de aproveitar a oportunidade de vivir. Vivir é a nosa gran lotería: a que nos tocou por ser un veloz espermatozoide e nunca debemos rexeitala. Veña como veña hai que erguerse e aproveitar as oportunidades. Por iso sempre levo por bandeira aquel verso de Fiz Vergara Vilariño que nos dicía “Hai que vivir e nada máis”.

Vivir intensamente a vida é unha obriga moral con todas aquelas oportunidades de ser que nunca foron. Nós somos e temos que ser para gozar do mundo e tamén para facer un mundo mellor. Polo tanto que o exemplo de Miss Norma nos serva para vivir cada momento da vida como algo irrepetible e tamén para construír un mundo no que a vida sexa un auténtico agasallo para compartir.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES