Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Banda Municipal de Ribadeo (Comezando a historia)

miércoles, 09 de marzo de 2016
A banda naceu… Non, hai que comezar antes: a banda municipal de Ribadeo tivo un caldo de cultivo e uns coidados previos. En Ribadeo había tradición musical, e ó longo do século XX diversas iniciativas foron relevándose de xeito que a finais dos oitenta quedaba unha agrupación xa daquela de longa tradición, a Coral Polifónica, mentres se sucedían grupos musicais diversos. Foi ese o caldo de cultivo no que se comezou a pensar nunha banda de música para Ribadeo, algo do que a vila carecía dende uns trinta anos antes.

O impulso que marcou o comezo do camiño foi o xuntar forzas de Víctor Manuel Sanjurjo (Choupín), e Evaristo Lombardero, no 1988, que atraeron outras persoas, Ana María Rodríguez (Ani), José Loredo (Pepe da Caixa), Toni Deaño, Carlos Díaz e eu mesmo para facer unha xestora. A xestora sacou adiante uns estatutos, e, ó tempo, fóronse inscribindo un xerme de socios. O torrente desbordante do Choupo, un proxecto consistente e unha ilusión contaxiosa facían medrar, día a día, a idea.

Botou a andar a sociedade de Amadores da Música, e o primeiro foi procurar unha persoa que puidera levar adiante a formación musical, que se considerou básica para chegar a bo porto, e logo dirixir a banda. Así se chegou a unha persoa que tiña un proxecto persoal que ía como anel o dedo ó proxecto nacente. Hernán Naval chegou a Ribadeo e o primeiro que fixo foi clarificar, o proxecto común na súa parte musical: a banda, finalidade de Amadores da Música pero ó tempo con vida propia. Era o ano 1989. Tres anos foi a cifra básica marcada nun primeiro momento para formar a agrupación e comezar as actuacións. E, co comezo do curso académico 1989-90, deu comezo a formación musical.

O pequeno grupo de xente que se apuntou á academia de musica destacaba por ilusión, por ganas, por traballo, pero sobre todo polo ambiente que se formou.

O 9 de xullo de 1991, Amadores, en asemblea, puxo data para o nacemento da banda, programando con tempo, de xeito natural. Así, o 25 de xaneiro de 1992, con antelación ó previsto, a banda tivo o seu concerto inaugural abríndose ó mundo cos compases da Marcha Militar nº 1, Op. 51 de F. Schubert. A segunda obra, Airiños, aires!, foi xa unha alegoría para os músicos, que despois do Coro de peregrinos do Tannhäuser encamiñaron o fin do concerto sentíndose participantes da historia musical de Ribadeo.

Dende aquela, as diversas actuacións (xa 100 en Melide o 19 de agosto do 1995) foron deixando o seu aporte na historia da agrupación, das persoas que a teñen integrado, da sociedade que a apoia e do público que as goza.

A día de hoxe, a banda xa hai longo tempo que cumpriu a súa maioría de idade… e segue a facer historia.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania