Á muller focega
Fernández, Suso - lunes, 07 de marzo de 2016
O matriarcado que caracteriza ó noso país irrumpeu na vida galega en época remota e nunca deixou de rexir a historia de Galicia e o destino de cada galego. Dí Martínez Barbeito que o mais fondo do ser da terra, dende a paisaxe á música e a fala, todo aquí aparece baixo un tinte feminino. Moito do producido polo xenio indíxena débese ás mulleres.
Egeria, monxa viaxeira e escritora do s. IV; Agape, gran axitadora do priscilianismo; María Balteira,xoglaresa do s.XIII; María Pita, heroíña contra os ingleses en 1589; Isabel Barreto,descubridora e navegante; as raíñas Juana e Inés de Castro; a poetisa Condesa de Altamira
son bós exemplos nos tempos antigos.
No s. XIX, as catro mulleres mais ilustres de España foron Concepción Arenal, socióloga, penalista e pensadora; Rosalía de Castro voz, gorxa e alma de Galicia, Pardo Bazán, novelista, sabia e crítica xenial e Juana de Vega, mente política e anxo da caridade
Tense dito que, en Galicia, os grandes homes
eran mulleres. Pero, a carón destas, moitas de non menor entidade espiritual, e miles de oscuras mulleres galegas, que son a alma e o corpo do fogar. Mulleriñas- dí o autor -ás veces insignificantes ó exterior pero moralmente grandes, que levan a dirección da familia e a miúdo tamén a responsabilidade do sostemento económico
.
Foz non é a excepción e os focegos que vivimos boa parte do s.XX, somos testemuña de a onde chegaba, en tempos de penuria suprema, a capacidade de sacrificio, de privacións e de esforzo das mulleres do noso pobo. Non precisou o cronista voar do niño materno para descubrir grandeza da muller focega traballadora, emprendedora, abnegada e xenerosa ata límites heroicos: a matrona que, criando once fillos, gastou os seus días nunha permanente entrega á familia, ó traballo e á arriscada iniciativa.Dixo o poeta: aunque no sé tu nombre/ ni si eres linda o fea/ con flores deja que tus pies alfombre/ que, para honrarla el hombre/ bástale a la mujer que mujer sea.
No Día Mundial da Muller chegue a tódalas focegas, nestas sinxelas verbas, a expresión da nosa modesta e sentida homenaxe.
(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora