Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O meu presente infindo…

miércoles, 18 de octubre de 2006
Cincuenta sonetos
este libro fían
e a palabra vían
en soños concretos.

Tanto no mencer
coma no solpor
a saudade é cor
e déixase ver.

Fiando palabras
vaise tapizando
a luz núa cando
a teu ollar abras.

Con sinxelo xeito
polo poemario
o soneto vario
vai saíndo a eito.

Comunicación
dunha poesía
que teima e porfía
contando a canción.

Soneto: diamante
labrado a cotío
co seu rechouchío,
lira delirante.

Coma unha andoriña,
sempre igual o niño,
voa caladiño
na palabra miña.

E trainos mensaxes
dunha lonxanía
onde renacía
paixón das paisaxes.

¡Na lingua galega
este libro enteiro
soña co cimeiro
primor da súa sega!
Vázquez Fdez., Lois
Vázquez Fdez., Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES