Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

viernes, 04 de marzo de 2016
Unha leira ben arada. Non quero andar para atrás. Creo que ninguén quere andar para atrás. A vida é algo máis que un paso adiante. Tamén é certo que a vida, ás veces, non lle queda outra que quedarse quieta. Temos que aprender a movernos. Polos camiños dereitos e sen buracos. Sempre aparecerá alguén que che poña atrancos. Non quero andar para atrás. Tampouco quero desprazarme de lado. Non son un cangrexo. Son un home que intenta arar dereito e sen curvas ó final dos regos. Aínda que xa sabemos que, a vida, é como unha semente: que se non a abonamos, se non a regamos non medra.

Quero que o meu saber medre, que a miña experiencia asente os actos que me arrodean ou que levo a cabo. Cada un é como é. Ou como me fan ser. Ou como me deixan ser. Depende de quen me mire, de quen fale. Pero para ben ou para mal, sempre tirarei para adiante. Non quero andar para atrás. Ninguén quere andar para atrás. Creo que, aínda que algunha vez teño que dar un paso para atrás, fareino mirando cara adiante. Seguro que vexo o rego dereito. Porque a vida ten que ser unha leira ben arada. Quero que sexa unha leira ben arada.

GARDAR DAS RISAS PARA AS CHORAS

Raúl Consejero, o fillo de Sacristán de Aldea, gardaba das risas para as choras. Era tan previsor que non saía da casa sen lle dar antes tres ou catro voltas, para saber se todo quedaba no seu sitio. E non digamos xa cando chegaba ós petos do pantalón. As chaves aquí, a carteira deste lado, o pano das mans no dereito, os anteollos no da chaqueta. Logo de todas as previsións habidas e por haber, saía da casa. Pero saía tamén con todo previsto. Sabía de antemán por que beirarrúa pasearía e os lugares exactos nos que se detería. E xa podía cruzarse no camiño co seu mellor amigo que, el, “falamos naquel banco”. Naquel banco tiña que ser. Non no que estaba ó lado. Naquel, e punto. Aínda que no que máis previsor era, xa sabedes en que... nos cartos. Faltaría máis! Non gastaba un céntimo a maiores porque, como dicía el: “tes que gardar das risas para as choras”. E vaia se gardaba! Antes de gastar ese céntimo de máis, miraba e remiraba, regateaba ata que aburría ó dependente. Cos prezos xustos aínda lle buscaba as pulgas a quen fose. O caso é que lle confesaba a verdade a quen o quixera oír: “Tes que gardar das risas para as choras”. Ó mesmo tempo ensinaba o seu sorriso ó que lle faltaban dous dentes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES