Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cousas do Toliño (VI): Os verdadeiros bancos son os avós

viernes, 04 de marzo de 2016
Cando o vín ía disfrazado.

-Veño de rirme por toda a Costa co meu disfraz de “pequeno Nicolás”. Mira ti, como se houbera que disfrazarse para iso. Caraduras coma il, hainos a paxes. Aínda recordo cando veu un tipo por aí dicindo que ía crear na mina da Silvarosa, en Viveiro, un parque temático. Si, tamén podía poñer un circo permanente no Congreso de Diputados. Golfos, pallasos e paxaros había ter.

-Xa estamos a meternos coa xente...

- ¿Ti preguntácheste algunha vez por que a xente, que che parece que val, non se mete en política? Pois digocho eu: non se fía. Hai demasiado golfo fuxindo do traballo duro, da responsabilidade, do paro… Moito amigo de saír nos periódicos, presidir procesións e, sobre todo, de ter cartos e contactos para vivir ben. Non digo con isto que non poida haber algún que sexa como hai que ser, pero duran pouco, quéimannos, senón pasan por debaixo dos… sí, pola entreperna dos xefes. Ise é o gran problema, a falta de xente válida, xenerosa que non se torza coas presións, que se preocupe dos verdadeiros problemas que non son outros que a xustiza social.

-Xa estamos a falar de vaguedades…

- Vaguedades non son, vaguedade é a túa que non estruxas os miolos para entede-la vida e só pensas en parvadas, pero eu falo de algo concreto como a necesidad dunha xustiza social, que haxa uns soldos reais para vivir con dignidade, e que non é de recibo ningunha lei que permita o retroceso social diste seculo. Non se poden aceptar leises que permitan contratos de trescentos ou catrocentos euros ó mes, Nin que as pensións suban un ou dous euros. Ises mentireiros teñen que desaparecer. As pensións baixan… só falta que non as paguen. Tí, como es parvo, non te decatas que hoxe non hai bancos, senón ladróns; e que os verdadeiros bancos son os avós, que axudan ós netos a vivir,
aínda que a iles non lles sobre nada. Hai que reparar nascousas, paspallán…

- Como está a economía non se pode pedir máis…

-¿A economía de quén, abobao?

-Eu non entendo de economía, nin creo que haxa moitos que entendan, pero o que vexo é que a economía para moitos está de puta mai. A vosoutros engáñanvos coma parvos que sodes, Non como ós chinos, que non son tan parvos coma vós, e que xa ves como van. Toda isa mandanga da globalización, e outras cousas parellas, son só contos para parvos, igoal que iso do libre mercado… Vosoutros como oigades a palabra libre e xa aceptades as cousas sen analizar. Son as trampas do Capitalismo, cada día máis salvaxe, que trata de que vivamos, outra vez máís, coma Kunta Kinte. E o problema é moito maior. Europa é un barco vello, varado e sin timonel. As leises son pequenos parches, as multinacionais son os verdadeiros gobernos, os paraísos fiscais os verdadeiros bancos de todas isas mafias de ladróns…

- ¿Tamén hai mafia acó?

- ¿Ves cómo es parvo? ¿Acaso ti non te decatas no teu entorno, digamos no teu concello, para que che entre na cachola,? repito,¿ non te decatas que quen realmente gobernan non son os alcaldes nin os concelleiros, senón os poderes fácticos, chámense constructores, empresarios ou ata, se queres, curas?. A mafia non funciona como nas películas, a mafia hoxe en vez de pistolas usa cartos, televisións, periódicos, xuzgados… a mafia utiliza as leises como arma e esas armas están a servi-las telefónicas, as eléctricas, as grandes empresas… A Facenda só pode controlar a túa declaración da renda, pero non é capaz de cobrarlle os mesmos impostos ás grandes fortunas.

Fíxate, por poñer un exemplo, como isas grandes fortunas poden montar un supermercado en terreos públicos; como as empresas de itvs pertenecen a organizacións próximas ós políticos; como os geriátricos son de fondos de inversións nos que se enriquecen os golfos de turno… Iso sí, todo cós parabéns das autoridades de turno, que non teñen nada que dicir nin investigan os cambios e tecemanexes que permiten ises abusos. Hoxe un gran chollo é atende-los vellos. Sodes, parvos, meu paspallán. ¿Ti sabes quen pagou o fichaxe dise futbolista tan famoso coma Bale? Pois fuches ti, que tuveches que reflotar Bankia, que foi quen puxo os cartos… Ise é o País no que vives. Ista España que tantas bandeiras coloca nas fiestras e que tantos salvapatrias ofrece cada día. Isa que sempre tén a alguén disposto a dar un golpe de estado en vez de loitar por medios democráticos contra toda ista golfería.

-Estou alelado.

- O teu estado natural. Unha cousa é estar alelado e outra selo… e ti estás alelado moitas veces.

E foise dicíndome: Voume rir, porque para chorar chégame verte a ti e outros paspalláns coma ti. E sigueu camiño da Praza cantando: “Yo ya sé que no te enteras / que eres un panera / … ¡¡¡pero sigo siendo el rey!!!.”

E eu quedeime, sen decatarme, cantando: “ llorar y llorar”.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES