Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os 'talleres' de Aspnais

martes, 01 de marzo de 2016
Nestas últimas semanas estanse a celebrar diversos "talleres" na Asociación de país e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo, Aspnais, con motivo do cincuentenario da súa fundación. Plantéanse como "talleres", e iso veñen ser tanto polos lugares a visitar como polo resultado previsible destas visitas.

Por unha parte, as visitas fanse aos diversos talleres de Aspnais nas súas sedes de As Arieiras e Rampa de Claudio López, e así os participantes puidemos entrar nos lugares de traballo dos usuarios desta entidade que cumpre cifra tan rotunda de anos, e verdadeiramente causa asombro ver a persoas con discapacidade intelectual que manexan máquinas complicadas para conseguir fabricar elementos en madeira ou compoñer mobles, fabricar fregonas que foron o primeiro elemento que en Aspnais se produciu, tecer alfombras, manufacturar productos para diversas empresas, ou efectuar traballos artesáns con barro, con cera, con diversos elementos. Xa de por si, a visita aos talleres é toda unha experiencia para o visitante, mergullarse nunha atmósfera diferente e especial, que está ao noso lado, na que viven persoas que son veciños nosos, e que fan falla accións coma esta para que sexan verdadeiramente visibles.

Pero o dos “talleres”, significa algo máis… porque os que asisten a eles son pintores, escultores, poetas, narradores, xornalistas, educadores, empresarios ou políticos… que unha vez feita a visita, aportarán obras ou palabras para ser utilizadas en publicacións ou exposicións, e contribuir á difusión da obra que desde hai medio século Aspnais desenvolve en Lugo.

Os talleres vanse seguir celebrando para que o número de persoas que pase por Asnais para entrar na súa realidade, sexa elevado e reflicta un abano amplio da sociedade lucense que quere saber máis do que acontece nunha entidade que sempre tivo abertas as portas e agora o fai en maior profundidade para ser máis coñecida e para que os lucenses saibamos o que se pode facer cos máis febles dos nosos conveciños, proporcionándolles a formación e atención precisas para que superen as súas limitacións, exerzan os seus dereitos e se incorporen ás filas de lucenses útiles, que saben que son útiles para toda a nosa sociedade. Estano sendo. E cada día serano moito máis.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES