Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os pais dos fillos da Gran Bretaña

lunes, 16 de octubre de 2006
Ata agora, se alguén afirmase que os xenes dos galegos tiñan concordancia cos dos habitantes dos países nórdicos, houbesemos aceptado a afirmación con toda naturalidade, entendendo que se trataba do froito das incursións dos norteños nas nosas costas en tempos ben lonxanos.

Eran os normandos, que a lume e sangue arrasaron as nosas costas, entraron polos vales e atravesaron Galicia.

Nestas correrías, como é lóxico, había máis ca palabras e o cruce estaba garantido. Similitude, pois, totalmente lóxica.

Pero un estudio do profesor Bryan Sykes, da Universidade de Oxford, despois de analisar o Adn de 10.000 británicos, afirma que o fenómeno foi ó contrario do que poidamos pensar, xa que as similitudes atopadas cos galegos demostran -según o estudo- que a colonización das Illas Británicas (e logo dos paises nórdicos) fíxose fai arredor de 6.000 anos polos chamados celtas, procedentes de Galicia, onde asentaran despois da longa viaxe desde Centro Europa de onde procedían.

Os ingleses non serían xermánicos senón céltico-galegos, o mesmo que os escoceses, os irlandeses... e o seu Adn proclama a berros que son máis “nosos”que de calquera outra orixe.

Non se pode renegar de ninguén. No noso caso, menos. Tanto tempo chamándolles “Fillos da Gran Bretaña” ós que foron “enemigos seculares” segundo a política do momento, ou aliados cando conviña. E agora vai resultar que os fillos da Gran Bretaña son netos ou fillos nosos.

O mundo é cada día máis pequeno, as teorías máis elucubradoras, e os principios inmutables máis caducos. Cousas dos tempos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania