Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Zapateiro, aos teus zapatos

jueves, 03 de marzo de 2016
Unha cousa é dar consellos e outra ben diferente é dar codelos.
Este refrán téñollo escoitado moitas veces á miña madriña.

A min paréceme que encerra moita sabedoría popular, porque, a verdade, é que resulta moi doado amaña-la vida dos demais… Algo ben diferente é amaña-la propia.

Cada persoa ten a súa historia e os seus particulares puntos de vista. É ben certo que en moitas ocasións coincidimos; pero outras…
¡Qué lle vou dicir eu a vostede!
Conciente ou inconscientemente, xulgamos a outras persoas ou opinamos que nós –nese caso- faríamos doutra maneira máis aconsellable (baixo o noso punto de vista, claro).

En moitas ocasións este modo de proceder pasa desapercebido, ben porque o asunto non ten trascendencia ou porque o interlocutor non nos fai moito caso; pero noutras ocasións pode ocasionar enfrontamentos.

Vexamos:
-¿Non é un tema moi delicado a educación da infancia?
Se un proxenitor quere educar “así” e o outro quere educar ”asᔅ
¿Qué pode pasar?
¿E que pasa cando os avós se queren poñer no lugar dos pais?
Un pai é un pai e un avó é un avó.
¿E se se poñen os xenros e as noras no lugar dos fillos/as?
Un xenro é un xenro por moi bo que sexa.
Unha nora é unha nora por boa que esta sexa.

Escasos son os casos que “os de fora” son os mellores– aínda que obxectivamente o sexan- pero case sempre levan a culpa.

É probable que vostede sexa a excepción que confirma a regra; pero andando polo mundo adiante eu encontreime con moitos casos así.
Non son todos, afortunadamente, pero moitos, si.

A fórmula máxica consistiría en poñerse de acordo, pero na vida diaria non todo é máxico.
A razón subxectiva non sempre coincide coa razón obxectiva.
¿Certo?

-¿Non é tamén delicado o tema da educación a nivel escolar?
¿Cantos proxenitores respetan o labor pedagóxico do profesorado?
¿Cantos o apoian?
¿Cantos o censuran?
¿Cantos intentan saber máis que o mestre?
¿Qué gañamos con inmiscuírmonos no posto dos outros?
¿Non temos abondo co que nos corresponde directamente a nós mesmos?

¿Qué pasaría...?
-Se un zapateiro se puxera a facer garabatas?
-Se un mineiro se puixera a facer traxes de noiva?
-Ou se un paragüeiro se puxera a dar clase de química?
Etc, etc…

Din alí que a lingua non ten cancelas, e é ben verdade; pero moitas veces o silencio é sinal de sabedoría e prudencia.
Hoxe en día hai persoas moi sabias e moi ben preparadas. Persoas que saben moitísimo, como é o caso dos grandes científicos, pero aínda así, seguramente preferirían saber o que non saben a cambio do que saben.

A min gústanme moito as persoas que recoñecen as súas limitacións, aínda sendo moi sabias, porque alcanzan a comprender como diciá un recoñecido personaxe: “Só sei que non sei nada”.

Se os sabios, saben moi pouco…
¿Qué saberemos os humanos rasos como min?
Pero tamén hai quen di que a ignoracia é moi atrevida e será por eso que a todos nos gusta dá-la nosa opinión.
Unha cousa é unha afirmación e outra ben diferente é unha opinión.

Opinións, pode haber tantas como persoas; afirmacións moitas menos, porque non sempre estamos no certo.

¿Cando aprenderemos a ocuparrnos da nosa vida sen xulga-la dos outros?.
Por hoxe, só me queda agradecer a tantas e tantas persoas, como é o seu caso, que se dedican ó seu cometido sen xulgar nin censurar o que fan os outros.

Alá cadaquén e máis a súa conciencia.

O que fal falta é “SENTIDO COMÚN”.
Ese será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Ata a semana que vén se así o desexa.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES