Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O caso é chantar os cóbados

domingo, 28 de febrero de 2016
Complicado. Moi complicado escribir o recuncho desta semana. Porque non quero escribir sobre a corrupción, e a pesar de que aínda está á orde do día. E estará. Porque nós queremos que estea. Un exemplo: o outro día nun café de Maceda, e mentres pola televisión uns periodistas lle preguntaban a Rita Barberá, un cliente queixábase de que, claro, os periodistas só van contra ela. Que va, home; se ves que tal que lle planten dous bicos. É dicir, o que teño denunciado sempre: que xa o temos tan asumido que nos parece ben que asomen corruptos todos os días. Perdón, deixo en paz a corrupción.

Tampouco quero escribir das negociacións dos partidos para elixir presidente, porque cando un di Pedro o outro di Pablo, cando un di Albert o outro chouta con Mariano. Ou sexa, unha madeixa. Que sexa o que eles queiras e se non arrean… a votar de novo!

Escribir do tempo climatolóxico tamén é complicado, xa que no inverno ben sabemos que pode pasar de todo. Ademais, vivimos nun recantiño moi privilexiado; non sería a primeira vez que, nun mesmo día chove, neva, xea, sae incluso o sol, asoma a néboa, corre o aire… Hoxe se dis que asoma o sol (como vin agora mesmo asomar un raio), ó momento xa caen pingas de auga tan grosas que se nota a leguas que son folerpas de neve. Dan neve para a noite, a 400 metros. É venres.

Moi complicado escribir o recuncho. Pero aquí está. Xa o dicía Cela: o caso é chantar os cóbados. Finqueinos sobre a mesa da cafetaría e, adeus, moi boas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES