Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tamén nos falla a Formación Profesional

viernes, 13 de octubre de 2006
A formación superior nas Universidades, chamada a ser a infraestructura cultural e social das novas xeracións, ten problemas que se manifestan na maior duración da prevista nos estudios e na altísima porcentaxe de estudiantes que non rematan as carreiras.

Pero para calquera familia de economía media a formación universitaria é indispensable para os seus fillos porque sen un título universitario consideramos que non hai maneira de defenderse na vida.

E sen embargo, entendiamos que o futuro estaba na Formación Profesional, da que saían titulados e tituladas especialistas en determinadas materias, todas de aplicación práctica inmediata, con rendibilidade económica garantida.

Pensabamos que a F.P. era a canteira perfecta para albaneles, fontaneiros, carpinteiros, electricistas… todos eles autónomos solicitadísimos, tan difíciles de conseguir, e con minutas tan elevadas coma os máis coñecidos especialistas médicos.

E resulta que non, que según se ven de saber, tan só o 2% dos titulados de F.P. de Galicia crean a súa propia empresa ou se dan de alta en Autónomos para traballar con independencia.

O 98% opta por acobillarse na comodidade dunha
empresa sen arriscarse a ter iniciativa propia, a pesar de ter a formación precisa para camiñar en solitario.

A Consellería de educación pretende elevar esa mínima porcentaxe do dous ata o dez ou doce por cento, que xa sería un triunfo, para o que empeza unha campaña de mentalización con materiais de apoio e un concurso de ideas de autoempleo.

Ó mellor resulta que o problema está dentro. Se na Universidade se pretende ensinar só ciencia, é moi probable que non consigamos científicos senón simples titulados. Se na Formación Profesional os alumnos só reciben a formación técnica e non a necesaria vivencia social, teremos somente obreiros máis ou menos cualificados. Ese mísero dous por cento proclama de forma clamorosa que algo falla na F.P.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania