Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Música de balde, ¡que vaia o Alcalde!

miércoles, 11 de octubre de 2006
Foi a comezo dos anos oitenta cando os concellos deron en organizar actividades de lecer para tódolos públicos.

Recentes os concellos democráticos, asumidos os novos cometidos das institucións municipais, afrontadas as necesidades asistenciais e sociais, os munícipes descubriron na cultura un terreo case inexplorado no que incidir de xeito directo.

Para os espectadores todo era novo, variopinto, e moitas veces gratuíto. Abarcaba esta acción municipal eidos como o cine, o teatro, a música… E, dentro desta, a clásica, a moderna, o jazz, as bandas, os grupos folclóricos, o folc…

Nos concellos máis comprometidos a oferta podía chegar ó exceso, primando a cantidade sobre a calidade, polo que xurdiu aquel vello dito de “música de baile, que vaia o Alcalde”. Dahí pretendíase que había que cobrar polos espectáculos, non só para recuperar parte do investido e poder seguir organizando actividades, senón tamén e moi especialmente para que os espectadores valorasen o que se lles ofrecía por parte da institución municipal.

O tema volveu á actualidade ó saberse que os espectáculos que ofreza a Rede Galega de Teatros dependente do Instituto Galego de Artes Escénicas e Músicais van cobrar un mínimo de 2,50€ por entrada.

Segue a existir a oferta municipal de actividades culturais, axudada por todo tipo de institucións que colaboran cos concellos, e dependendo do patrocinio así tamén é o custe, desde a gratuidade total ata doce ou quince euros. O Igaem ven engadir o aval oficial a ese cobro para valorar o que se ofrece, co que de novo vai quedar claro que o acceso á cultura vai ter precio de venda ó público.

Co cal volve á vida o vello dito de “Música de balde, que vaia o Alcalde”. Aínda que nesta ocasión, vista a realidade, non fai falla mentalizar a ninguén xa que todos entraremos polo aro da taquilla pagando a entrada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES