Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 25 de febrero de 2016
Mixserias que abrasan. Dime o vento ferido que ninguén me disparou un tiro. Certo; non teño ningunha ferida aflorando na miña pel. Teño engurras, iso si. Porque a pel tamén vai vella e está toda queimada polas miserias da vida. Hai miserias que abrasan. Como achas de carballo que arden. Ou de castiñeiro. Ou de nogueira. De calquera árbore, menos de eucalipto. En Galicia invádennos os eucaliptos. Non facemos cousa con xeito. E non vale predicar. Predicamos no deserto. Vaia expresión! A quen se lle ocorrería? Quen vai predicar no deserto! Nin Xesucristo debeu predicar no deserto. Como non lle predicase ós lagartos... Ollo ó dato!; moito coidadiño con falar da relixión. Estes días seica está a amolar un nosopai especial que alguén recitou nun escenario. Unha vez máis a liberdade de expresión lánzana ó quinto inferno. Coma se todos tiveramos que ser católicos, apostólicos e romanos. Eu, que son galego. Manda truco na Habana! Onde? Na Habana, en Cuba, no territorio castrista. Volve dicir o vento ferido que ninguén me disparou un tiro. Certo, non sangro; só cuspo palabras de orballo. Tamén teño dereito a ter goteiras, a que me chova.

A CARBALLEIRA DOS SENTIMENTOS

Alí está a rula pousada na galla dos castiñeiro. Contempla a inocencia dunha bolboreta e peitea sobre a nostalxia dunha gaiola que deixou hai xa moito tempo. Sempre quixo ser libre para soñar con aquilo que un día a namorou. Ante o ruído dunhas follas que se moven polo vento, a rula emprende o voo e voa cara á memoria das noites de silencio e cara ó resplandor da lúa vella. Mira para a esquerda, mira para a dereita e sabe que por algún lado asomarán os recordos de cando a melancolía acougaba sobre as súas ás grises. Hai momentos na vida que chega con sentilos. Hai distancias dun castiñeiro a un carballo nas que acontecen eventos que ninguén se imaxina ata que os vives cos ollos presos nun lapso de tempo. Tamén a rula quere viaxar sobre unha nube de algodón branco. Acouga no niño e, nel, a esperanza ten as ás pintadas coa semente dun poema que alguén lle escribiu desde o infinito e máis alá. A rula deixa que os ollos se lle vaian pechando, segundo a noite proxecta sombras sobre a carballeira dos sentimentos. Oxalá saiba que logo dun día chega outro e que a vida pode ir máis alá dun voo que a espera ó espertar a alba.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES