Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E dálle co: 'Se'!

jueves, 25 de febrero de 2016
“SE”: é unha palabra moi corta, pero ó mesmo tempo, polisémica.
Pode ser pronome átono ou expresar unha condición.

Neste caso eliximos usala como condición.
Condicón que debe cumprirse para obter todo aquelo que consideramos preciso para mellora-la nosa calidae de vida como seres humanos.

Así:

-SE somos persoas con valores é porque fomos educados no seo dunha familia con eses valores e seguímolos cultivando ó longo da vida.

-SE queremos ser persoas cultas, teremos que formarnos moi concienzudamente sen regatear esforzos

-SE queremos ser persoas honradas, teremos que paractica-la honradez en todo momento.

-SE queremos chegar a algo, teremos que loitar para conseguilo coa suor da nosa fronte, porque ninguén regala nada.

-Etc, etc…

Pois ben:

-Os que nos tocou nacer nunha familia cuns determinados valores, levamos eses valores impresos no noso ser interno.
Por eso, cando nos movemos en ambientes coñecidos; xa saben de antemán a nosa maneira de proceder.
É algo así como unha etiqueta que levamos con nós por onde queira que vaiamos.

Se se trata dunha virtude, sóbese a autoestima; se non…teremos que esforzármonos para demostra-la nosa valía.

-SE fomos educados para compartir, compartimos.

-SE nos educaron para gañarmos o pan de cada día, somos incapaces de come-la suor de ninguén.

E así pasa con todo. Todo depende do “SE” que poñamos diante.

A veces óense algo así:

-“Aquela persoa sabe moito e eu son moi ignorante”.
Se sabe moito será porque dedicou moito tempo a aprender.
Cada persoa ten toda a vida para aprender porque o saber non ocupa lugar.

-“Aqueloutra ten un bo soldo e o meu é moi reducido”.
Se ten un bo soldo será porque fixo os medios para desempeñar ese tipo de traballo e as circunstancias fóronlle favorables.

Se vostede é unha desas persoas que fixo todo o que puido según a súa historia particular, xa pode sentirse unha persoa satisfeita, realizada e feliz.

EN FIN QUE CANDO NOS COMPARAMOS CON OUTROS, ARRISCÁMONOS A SAÍR MAL PARADOS EN MOITAS OCASIÓNS, PORQUE A TODO HAI QUEN GAÑE.

Cadaquén é cadaquén e non debe compararse con ninguén, porque cada persoa ten a súa historia particular e as súas circunstancias persoais e intransferibles.
Por eso se di que as comparacións son odiosas.

Por outra banda, cada persoa é moi libre de te-las súas prioridades: o que para un é moi importante, para outro é secundario.

O que está moi claro é que ninguén regala nada.
Cada persoa elixe o camiño que considera máis oportuno según as súas circunstancias persoais.

A unhas persoas sorrilles máis a sorte que a outras; pero cadaquén debe conformarse co que a vida lle dá.
Sería moi importante saber valorar o que temos e disfrutalo a tope.

¿De que nos vale lamentármonos do que non temos nin somos?

¿Non será mellor disfrutar do que temos e do que somos?

¿A vostede que lle parece?

Eu penso que:

“NON É MÁIS RICO O QUE MÁIS TEN, SE NON O QUE MENOS NECESITA”.

-Ser unha persoa honrada xa é unha boa riqueza.
Unha riqueza que non hai cartos no mundo que a paguen; pero a honradez hai que sudala cada día.
Esixe conformarse co que a vida nos dá, ademais de practicar unhas virtudes, aínda que esixan moitas renuncias.

A maioría das persoas optamos por ser honradas. Non é que fagamos nada de máis; facemos o que debemos caladiñamente.
Por eso pasamos inadvertidas.

Unha minoría pasa a honradez polo forro, e por eso dá moito que decir e produce moito escándalo.

Convén poñer freo á lingua cando dicimos que o mundo está corrompido.
Afortuadamente hai unha maioría silenciosa, como vostede e coma min, que levamos unha vida ordenada.

Pero detrás de cada logro hai unha condición.
Esa condición leva un “SE” diante.

Non se poden pedir peras ó olmeiro.
O olmeiro é moi pareciado polo súa madeira, pero nada ten que ver coas peras.

Por eso dicimos: “ZAPATEIRO ÓS TEUS ZAPATOS”
Se cada un fai o que debe, xa está ben.

“ZAPATEIRO ÓS TEUS ZAPATOS” será o título do artigo seguinte.

Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión e por renunciar a tantas e tantas cousas a cambio de outras mellores.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES